The Afghan Whigs: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
AmilGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 17:
 
== Traxectoria ==
A lenda di que The Afghan Whigs naceu nunha celda en Athens, Ohio. Nunha festa de Halloween en Cincinnati, Greg Dulli ten a idea de roubarlle a un policía e remata na comisaría. Na celda, el coñeceu a Rick McCollum. Da conversa que os dous manteñen surxíu a idea de formar unha banda, The Afghan Whigs, que só se concretou un ano máis tarde, con Steve Earle na batería e John Curley no baixo (Dulli era o vocalista e guitarrista mentres McCollum tamén tocaba a guitarra).
 
Pisaron un escenario por primeira vez pouco tempo despois e tocaron versións de [[Neil Young]] ("Like a Hurricane") e dos [[Rolling Stones]] ("Cocksucker Blues"), e lanzaron un disco, cuxo título era unha referencia á noite da creación da banda, ''Big Top Halloween'' en [[1988]]. O nome do grupo tamén ten unha certa lenda, pois parece ser que ao chegar o seu primeiro concerto aínda non tiñan nome, e pouco antes de saír a escena, o dono do local preguntoulles como os anunciaba. O guitarrista, que acabara de chegar e ó parecer levaba encima un "tripi", dixo simplemente The Afghan Whigs, e os demais asintiron, sen saber que significado podía ter aquela palabrexa.
 
O álbum foi lanzado polo entón recén creado [[Selo discográfico|selo]] independente Ultra Suede, do propio batería da banda, [[Steve Earle]]. O disco foi máis tarde descrito por [[Greg Dulli]] como "descartable" debido ao confuso inicio da banda.
 
Nesa época, The Afghan Whigs era unha típica banda de estrada, tocando en todas parte e definindi o seu propio estilo, un hard rock barullento e distorsionado, directamente influenciado polo son dos anos 70 e toques da música soul. [[Greg Dulli]] trasladouse aos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], para estudar cine, mentres o resto da banda continuaba vivindo en [[Cincinnati]].
 
En [[1990]], a banda recibiu unha chamada da influente discográfica [[Sub Pop]], que lanzou máis tarde o álbum ''Up In It'' e aumentou a popularidade da banda no circuito underground. Pero en [[1991]], durante unha pequena xira por [[Inglaterra]], Dulli colleu unha gripe e a serie de concertos impedían que mellorarse. Para empeorar a situación, a banda envolveuse nunha pelexa nun deses concertos e Dulli acabou sendo internado. Aparte dos golpes producidos pola pelexa soubose que tiña pneumonía. Despois dese feito Dulli estivo medio paranoico, pechouse no seu apartamento nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], onde escribíu historias, o guión dunha película, e as súas mellores cancións ata entón para un novo álbum.
Liña 43:
[[Greg Dulli]] hoxe en día tamén comanda a banda [[Twilight Singers]], onde explora toda a súa gama de influencias nun contexto menos rock. Dulli montou tamén [[Gutter Twins]], ao lado do amigo [[Mark Lanegan]], de [[Screaming Trees]] e [[Queens of the Stone Age]].
 
== Membros ==
* Greg Dulli: voz e [[guitarra]].
* Rick McCollum: [[guitarra]].
* John Curley: [[baixo]].
* Steve Earle: [[batería (instrumento musical)|betería]].
 
== Discografía ==
=== Álbums de estudio ===
* ''[[Big Top Halloween]]'' - [[1988]] (Up In It)
* ''[[Up in It]]'' - [[1990]] ([[Sub Pop]])
* ''[[Congregation]]'' - [[1991]] ([[Sub Pop]])
* ''[[Gentlemen]]'' - [[1993]] (Elektra)
* ''[[Black Love]]'' - [[1996]] (Elektra)
* ''[[1965 (álbum)|1965]]'' - [[1998]] (Columbia)
* ''[[Do to the Beast]]'' - [[2014]] (Sub Pop)
 
=== EPs ===
* ''[[Uptown Avondale]]'' - [[1992]] ([[Sub Pop]])
* ''[[What Jail Is Like]]'' - [[1994]] (Elektra)
Liña 67:
 
{{The Afghan Whigs}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Grupos musicais de rock alternativo]]