Misery Signals: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m replace archive.today -> archive.is (domain archive.today blocked by onlinenic)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 15:
'''Misery Signals''' é unha banda de [[metalcore]] formada en [[Wisconsin]] no ano 2002 con fortes influencias de metal técnico e hardcore melódico, polo que se destaca pola grande execución de riff polirítmicos e disonancias complexas na súa música, o que crea un hardcore máis técnico.
 
== Historia ==
=== Formación (2002-2003) ===
Misery Signals formouse despois da separación de varias bandas, entre elas 7 Angels 7 Plagues, Hamartia e Compromise. Fundárona Ryan Morgan e Kyle Johnson, que abandonaron os estudos e o traballo para se centrar en sacar material, ata que se lles uniu Jeff Aust (Hamartia) á guitarra, Jesse Zaraska (Compromise) e o irmán de Ryan, Branden, á batería.
 
No medio dunha minixira na primavera de 2003, Jeff Aust deixa a banda e substitúeo Stuart Ross. A súa primeira gravación é un EP de 6 cancións e 25 minutos. O traballo amosa o desexo e a desesperación do grupo no seu esforzo por crear nova música malia a desaparición das súas bandas anteriores .
 
=== Firma con Ferret Music (2004-2009) ===
O grupo firmou coa discográfica Ferret Music, que editou o seu primeiro LP, ''Of Malice and the Magnum Heart'',no 2004. O disco tivo unha boa acollida por parte da crítica e foi presentado nunha xira polos [[Estados Unidos]], [[Canadá]], [[Europa]] e [[Xapón]] xunto con bandas como Dillinger Escape Plan, [[Bleeding Through]], Strapping Young Lad ou Zao.
 
Liña 32:
En xullo do 2008, Misery Signals publicou o seu terceiro LP, ''Controller'', pero despois dunha longa xira de promoción do disco a comezos do 2009, os membros do grupo decidiron tomar camiños musicais diferentes máis alá de Misery Signals.<ref>http://lambgoat.com/news/view.aspx?id=15315</ref>
 
=== Proxectos paralelos ===
Schubach emprendeu un proxecto de [[heavy metal]] en paralelo que recibiu o nome de Solace. Neste proxecto el foi o único membro da banda encargado de gravar a guitarra, o baixo e as voces nun estudio caseiro. A batería engadíaselle posteriormente de xeito dixital. Para financiar este proxecto, Schubach empregou o sistema de crowd funding e participou como vocalista nunha canción do grupo de metal-hardcore británico The Divided.<ref>http://archive.is/bKWQj</ref>
 
Liña 41:
No 2010, Stuart Ross converteuse no ''frontman'' de Living with Lions, un grupo de pop-punk de Vancouver. Ross deixou de maneira oficial Misery Signals o 25 de setembro do 2010 para centrarse en Living with Lions, canso de tocar [[heavy metal]].<ref>http://lambgoat.com/news/view.aspx?id=15133</ref> En outubro do 2010, Kyle Johnson tamén anunciou a súa saída da banda.<ref>http://www.absolutepunk.net/showthread.php?t=1968932</ref>
 
=== Absent Light (2011-actualidade) ===
Despois dun considerable período de inactividade, Misery Signals publicou en novembro do 2010 un comunicado oficial sobre o estado do grupo. Este comunicado de prensa abordou a saída da banda de Ross e de Jonhson e anunciaba que a banda non se separara. Ryan Morgan comentou que "nos vindeiros meses volverémonos xuntar e volveremos". Sobre a continuidade do estilo do grupo e do seu nome, Morgan afirmou que "Stu e Kyle fixeron grandes contribucións, pero a traxectoria da banda segue sendo a mesma na súa ausencia. Se chegase un momento no que o noso son tomase un camiño totalmente diferente, entón xa non sería Misery Signals, e non finxiríamos o contrario".<ref>http://noisecreep.com/misery-signals-lose-members/</ref>
 
Liña 52:
O 30 de maio do 2014 xurdiron rumores de que Misery Signals tiña plans de conmemorar o décimo aniversario do seu disco '''Of Malice and the Magnum Heart'' cunha xira a finais deste mesmo ano chamada "Malice X Tour". Esta xira contará coa formación orixinal do grupo: Jesse Zaraska (voces), Ryan Morgan (guitarra), Stu Rooss (guitarra), Kyle Johnson (baixo) e Branden Morgan (batería).
 
== Membros ==
 
=== Actuais ===
 
* Ryan Morgan - guitarra (2002-actualidade)
Liña 62:
* Kyle Johnson - baixo (2002-2010, 2013-actualidade)<ref>http://killyourstereo.com/news/995001/misery-signals-welcome-back-co-founder</ref>
 
=== Antigos membros ===
 
* Jesse Zaraska - vocalista (2002-2006)
Liña 69:
* Kent Wren - baixo (2011-2013)
 
== Discografía ==
{| class="wikitable"
!Ano
Liña 109:
|}
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.miserysignals.net/ Web oficial de Misery Signals]
* [http://www.13t.org/muzike/principal.php?modulo=articulo&id_texto=685 Comentario sobre o seu disco ''Mirrors'']
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Grupos musicais de metalcore]]