Fuxan os Ventos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 15:
'''Fuxan os ventos''', chamado ás veces simplemente ''Fuxan'', é un grupo [[música galega|musical galego]] formado en [[1972]] en [[Lugo]] no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de ''Folk 72'' no III Festival musical das San Lucas de [[Mondoñedo]], onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.
 
== Historia ==
No ano [[1973]] o grupo participou no III Festival Ría de Ares, en [[Pontedeume]], gañando tamén o primeiro premio. No ano seguinte participaron noutros festivais en [[Ferrol]] e [[Madrid]], acadando sempre o recoñecemento da crítica e prensa especializada, mentres participaban na misa radiada de [[Radio Popular]], no que xa participaban antes da creación do grupo.
 
Liña 22:
Pouco despois aparecen as primeiras ofertas para editar discos. Nos primeiros anos o grupo rexeitaba a posibilidade de gravar o repertorio do grupo, co fin de non comercializar o problema galego. Pero en [[1976]], co fin de espallar o seu traballo, chegan a un acordo [[Philips-Fonogram]], co que o grupo podería gravar á súa maneira (sen arranxos electrónicos), manter a liña do grupo e o compromiso político apartidista e asegurarían que o grupo non se comercializaría cara adentro. Froito daquel acordo edítase en 1976 o seu primeiro disco, ''Fuxan os ventos'', e posteriormente outros tres: ''O Tequeletéquele'' , ''Galicia canta ó neno'' e ''Sementeira''.
 
O grupo segue a cantar na Misa da radio, a representar "Galicia canta ó Neno" por toda Galicia, espectáculo que chega a retransmitirse en en directo, dende o [[Teatro Colón da Coruña]] a través da [[TVE]] en Galicia. Participaron na "1ª Romaxe de Crentes Galego" que organizan [[Irimia]] e [[Encrucillada]], na que colaborarán na maior parte das edicións. En [[1977]], prodúcese a segunda escisión do grupo, por mor de manter a independencia política. Entre [[1978]] e [[1980]] o grupo aumentou o número de actuacións, chegando a [[Cataluña]], [[Euskadi]], [[Lisboa]], [[Bruxelas]], [[París]], [[Zúric]], [[Brest, Bretaña|Brest]], e mesmo en dúas edicións do [[Festival Intercéltico de Lorient]] ([[1978]] e [[1979]]), mentres realizan unha ''Campaña Cultural'' en zonas de montaña, con 30 actuacións en vilas e aldeas da provincia.
 
No ano [[1979]] conseguen o seu maior éxito co disco ''Sementeira'', o que lle seguiría un período onde o grupo aumenta a súa actividade ata cen concertos ao ano. O seu quinto disco ''Quen a soubera cantar'' xa foi coa editora [[Ruada (discográfica)|Ruada]], nun intento fracasado de apoiar o primeiro selo discográfico galego.
Liña 33:
Porén, o grupo segue a traballar internamente. En [[1999]] concretouse ese traballo na gravación do disco ''Sempre e máis despois'', tras quince anos sen editar, e composto exclusivamente por temas tradicionais. O disco ''Na Memoria dos tempos'' apareceu no [[2002]]. O grupo tamén participou na gravación de dous temas para o disco de cancións infantís ''Pelo gato 24'', editado pola Asociación de Gaiteiros no [[2007]]. ''Terra de Soños'', editado no ano [[2010]], reedita os clásicos do grupo.
 
=== Significado social ===
Fuxan os Ventos non foi o único grupo galego cun alto compromiso social da época, pero si o que máis éxito acadou, chegando non só a intelectualidade galega vencellada a canción protesta e os cantautores senón tamén a Galicia de orixe rural.
 
Liña 40:
Como principais características destacan, sen dúbida, a presenza da voz e as letras das cancións. As letras, ben propias ou de poetas galegos, abrangueron temáticas moi amplas: foron en ocasións reivindicativas (temas como a emigración, a Autonomía, a ecoloxía, a pobreza...) ou recolledoras dunha tradición oral coa que tivo intenso contacto o grupo. En ocasións ambos os dous aspectos mesturábanse, aínda que por pola época só o feito de cantar en galego podía ser xa un xeito de reivindicación.
 
== Membros ==
* Antón Castro, zanfona, mandolina, voz.
* [[Xosé Vázquez]], percusión tradicional e voz.
Liña 51:
* [[Moncho Díaz]], voz, guitarra, frautas
 
== Discografía ==
* ''Fuxan os ventos'' (1976)
* ''O tequeletequele'' (1977)
* ''Galicia canta ó neno'' (1978)
* ''Sementeira'' (1978)
* ''[[Quen a soubera cantar]]'' (1981)
* ''Noutrora'' (1984)
* ''Sempre e máis despois'' (1999)
* ''Na memoria dos tempos'' (2002)
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Mini e Mero]]
* [[Xosé Luís Rivas Cruz]]
* [[Baldomero Iglesias Dobarrio]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ghastaspista.com/historia/fuxan.php Anacos das cancións do primeiro disco]
* {{YouTube|usuario=FuxanVentos|Fuxan os Ventos}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Grupos musicais formados en 1972]]