George Martin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 28:
Aprendeu a tocar piano desde a súa infancia, pero a súa formación musical propiamente dita non comezou ata que cumpriu os vinte anos. No ínterim, serviu na [[Segunda Guerra Mundial]], para a [[Royal Air Force]], onde un mentor, Sidney Harrison, animouno a seguir unha carreira de música, vendo o seu gusto por ela e o seu talento. En [[1947]], cando reiniciou a súa vida civil, entrou a estudar na [[Guildhall School of Music and Drama]] piano, adoptando o oboe como segundo instrumento.
 
Nos anos 1950 foi encomendado a dirixir unha pequena subdivisión da compañía discográfica [[EMI]] en [[Inglaterra]], a [[Parlophone]]. Esta subdivisión encargábase da distribución de [[música clásica]] e grabaciónsgravacións cómicas (destacando sátiras a [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]] do actor [[Peter Ustinov]]) e estaba a piques de ser pechada cando [[Brian Epstein]], mánager dos Beatles, convenceu a Martin de que os gravase, logo de infrutuosos intentos por ser gravados entre [[1961]] e [[1962]] (a compañía discográfica [[Decca Records|Decca]] rexeitounos definitivamente). Tratábase da canción "[[Love Me Do]]", que foi un éxito local e xerou divisas para a permanencia de Parlophone, selo que a longo prazo distribuiría os sinxelos e longa duración dos Beatles.
 
O éxito da canción levou aos Beatles a gravar o seu primeiro disco de longa duración en [[1963]], ''[[Please Please Me]]''. Este álbum comezou a relación dos Beatles con Martin como productor, sendo este considerado parte esencial do éxito do cuarteto, chamado ata "o [[quinto Beatle]]".
 
O educado oído de Martin, axuntado ao seu gusto pola música clásica, convertérono nun dos productores máis respectados de todos os tempos, levando aos Beatles a niveis creativos insuperables (que incluían arreglos de cordo, novas técnicas de composición e experimentacións sonoras con diversos estilos e instrumentos). Ademais de ser un revolucionario na técnica: foi o primeiro productor no [[Reino Unido]] en utilizar oito canles de grabacióngravación (en dúas [[mesa de mesturas |consolas]] de catro canles cada unha) para o disco ''[[Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band]]'' (1967).
En [[1970]], [[John Lennon]] chamou a [[Phil Spector]] para producir o que sería o álbum póstumo dos Beatles: o controvertido ''[[Let It Be (álbum)|Let It Be]]''. Foi o primeiro traballo do cuarteto non producido por Martin. Coa separación do grupo ese ano, Martin produciu traballos de xente como [[Shirley Bassey]], [[America (banda)|America]] ou [[Bernard Cribbins]].