Reino de Northumbria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 149:
=== Invasión normanda e partición do reino ===
[[Ficheiro:ShepardMap802Northumbria.png|right|thumb|Parte dun mapa, por William Shepherd, das Illas Británicas c. 802, onde se mostra o reino de Northumbria.]]
[[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o Conquistador]] converteuse en rei de Inglaterra en [[1066|1066.]] Pronto se deu conta de que era necesario controlar Northumbria, que permanecera virtualmente independente dos reis de Inglaterra, para protexer o seu reino da invasión escocesa. Para recoñecer a remota independencia de Northumbria e asegurarse que Inglaterra estivese adecuadamente defendida dos escoceses, Guillerme gañou a alianza do Bispo de [[Durham, Inglaterra|Durham]] e do duque, confirmando os seus poderes e privilexios. Con todo, isto causou rebelións antinormandas. Por tanto Guillerme tentou instalar a [[Robert Comine]], un nobre [[Normandos|normando]], como '''Duque de Northumbria''', pero antes de que Comine puidese ocupar o cargo, el e 700 dos seus homes foron masacrados na cidade de [[Durham, Inglaterra|Durham.]] En vinganza, Guillerme guiou ao seu exército contra Northumbria nunha sanguenta campaña, un evento que se coñece como o ''Masacre do Norte.'' Ethelwin, o bispo anglosaxón de Durham, tentou escapar de Northumbria no momento da matanza con tesouros de Northumbria, pero foi capturado e encarcerado, morrendo no cárcere; a súa sede quedou vacante.
 
Para acougar as revoltas e protestas, o fillo de Guillerme, [[Gullerme Rufus]], decidiu dividir Northumbria. William de St. Carilef foi nomeado Bispo de Durham, e tamén se lle foi outorgando poderes de Duque para a rexión meridional dos ríos [[Río Tyne|Tyne]] e [[Río Derwent|Derwent]], que formou o [[Condado de Durham]]. O resto, a rexión setentrional dos ríos, converteuse en Northumberland, onde os poderes políticos do Bispo de Durham se limitaban a só certos distritos, e o duque seguiu rexendo como súbdito do trono inglés.