Ana Bolena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 13:
 
=== Infancia e familia ===
Ana era filla de sir Tomás Bolena, máis tarde primeiro conde de Wiltshire e primeiro conde de Ormonde, e a súa esposa, lady Isabel Bolena (nada Isabel Howard), filla do segundo duque de Norfolk. Non se sabe con seguridade onde naceu, pero se establece que foi entre a mansión da súa familia, ''Blickling Hall'' en [[Condado de Norfolk, Inglaterra|Norfolk]], e súa residencia favorita, o castelo de Hever en [[Kent, Inglaterra|Kent]].
 
[[Ficheiro:Queen Anne Boleyn 2.jpg|miniatura|dereita|180px|Un retrato idealizado de Ana Bolena, pintado no século posterior á súa morte (de aí o estilo de vestir anacrónico), atribuído a Marcus Gheeraerts o Mozo.]]
Liña 58:
A irmá de Ana, María, fora con anterioridade amante por un tempo do rei Henrique, durante o tempo en que estivo casada con sir William Carey, un cabaleiro da Cámara Privada do rei. Rumoreouse durante moito tempo que un ou ambos os fillos de María Bolena foron procreados por Henrique. Algúns escritores, como Alison Weir, agora cuestionan se Henry Carey (o fillo de María) realmente foi procreado polo rei<ref>''Henry VIII: The King and His Court'', por Alison Weir, p. 216.</ref>.
 
Ana resistiuse ás súas tentativas de seducila e rexeitou converterse no seu amante. Rexeitou os avances iniciais do rei dicindo, “suplico á súa alteza moi seriamente que desista, e a esta a miña resposta en boa parte. Prefiro perder a miña vida que a miña honestidade.”<ref> Weir, p. 160.</ref> O rei sentiuse máis atraído debido a esta resposta negativa e perseguiuna incesantemente, ata despois de que ela abandonase a corte para volver a [[Kent, Inglaterra|Kent]]. Os historiadores están divididos sobre as motivacións de Ana para rexeitar a Henrique —uns din que era virtude e outros din que era ambición. Finalmente, el propúxolle matrimonio e ela aceptou. Con todo, ela decidiu non durmir con Henrique antes do seu matrimonio, posto que a relación prematrimonial significaría que calquera neno que tivesen sería ilexítimo. A miúdo pénsase que o antollo de Henrique con ela era para buscar un modo de anular o seu matrimonio, mentres que hai probas fiables de que Henrique tomou a decisión de terminar o seu matrimonio coa raíña Catarina porque ela non lle deu un herdeiro home que sobrevivise; os dous puntos de vista non son mutuamente exclusivos. Henrique e os seus ministros solicitaron unha anulación da [[Santa Sé]] en 1527.
 
Ao principio, Bolena mantívoo en segredo, pero por [[1528]] era do coñecemento público que Henrique tiña a intención de casar con ela. Os parentes de Ana promoveron a súa causa e tiñan a moitos partidarios na corte. Ao principio, con todo, ela mantívose afastada da política. Deleitouse no seu estilo de vida recentemente descuberto —Enrique pagaba todo, e acumulou un gran gardarroupa de vestidos, peles e xoias. Asignáronlle o seu propio persoal de serventes, varias damas de honra e novas dependencias en palacio.