Rembrandt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Nome e firma: arranxiño
Liña 88:
==== Leiden (1625-1631) ====
[[Ficheiro:Joos van Craesbeeck - The Smoker.jpg|esquerda|miniatura|150px|''"O fumador",'' de Joos van Craesbeeck. En [[Leiden]], Rembrandt tamén cultivou este tipo de retratos, moi populares na súa época.]]
Foi durante o período en [[Leiden]] (1625-1631) cando se pode falar dunha maior influencia de Lastman. É probable falar tamén de certo influxo de Lievens durante aquela primeira etapa de formación.<ref name=Wetering-284>van de Wetering, p. 284.</ref> As pinturas desta época son bastante pequenas, pero ricas en detalles, especialmente en vestiduras e [[xoiaría]]. Os temas preferidos nesta etapa son obras [[relixión|relixiosas]] e [[alegoría|alegóricas]], do mesmo xeito que os ''"tronie"'', xénero popularmente holandés.<ref name=Wetering-284 /><ref group="nota">''"Tronie"'', en holandés, "cara", era un tipo de retrato que nas [[Provincias Unidas]] alcanzou certa tipificación. XeneralmenteXeralmente, o ''tronie'' representaba a un tipo popular, nun plano medio, en actitude cómica ou simplemente relaxada. Como retrato anónimo, o ''[[tronie]]'' correspondía a un desexo de mostrar o virtuosismo con que un pintor podía representar expresións pouco convencionais; o seu pequeno formato e o seu carácter desenfadado fíxoos moi cotizados entre os burgueses holandeses. Vid. HIRSCHFELDER, Dagmar; ''Tronie und Porträt in der niederländischen Malerei des 17,'' Jahrhunderts, Berlin: Gebr. Mann Verlag, 2008. ISBN 978-3-7861-2567-9.</ref> En 1626 Rembrandt produciu os seus primeiros gravados, e a rápida difusión característica deste medio gañáronlle fama internacional.<ref name=Wetering-284 /> En 1629 pintou ''"Xudas, devolvendo as moedas de prata"'' e ''"O artista no seu estudo"'', obras que evidencian o seu progresivo interese no uso da luz e o enriquecemento dos seus registros matéricos; esta obra constitúe o primeiro gran progreso da súa carreira e un punto crave no seu crecemento como pintor.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Van de Wetering|2004|p= 285}}</ref>
 
==== Primeiro período en Ámsterdan (1632-1636) ====