Planetes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Serie_de_TV | nome = Planetes | imaxe = | descrición = | formato = Ciencia ficción, Acción dramática|Acció..."
 
Sen resumo de edición
Liña 33:
 
== Personaxes ==
* '''Hachirota Hoshino:''' co mote[[alcume]] de ''Hachimaki'' (en [[Lingua xaponesa|xaponés]] «cinta para o pelo»), xa que el sempre leva unha nas súas misións espaciais, e que lle fai situarse na realidade e axúdalle a concentrarse), é un dos co-protagonistas. Leva no traballo de recolledor de lixo 4 anos, xunto cos seus compañeiros Fee Carmichael e Yuri Mihairokoh, pero el sempre soñou con ter a súa propia nave espacial. Pronto se dará conta de que non todo é posible e que as cousas as consegue quen pode. Xa ben entrada a historia, Hachimaki sentirase moi unido á nave que lle levará a [[Xúpiter]], a Wernher Von Braun, á que chama “a miña nave”. Exprésase fatal nos asuntos sentimentais, pero Tanabe enténdelle perfectamente.
 
* '''Ai Tanabe:''' É unha rapariga que se une á Debris Section (a sección de refugallos). Inicialmente terá unha relación de antipatía con Hachimaki, co que non está de acordo en nada, pero ao final sucederá todo o contrario, cando Hachimaki dáse conta de que cada un ten un gran afecto polo outro. Nun principio é reservada, cautelosa, tímida, pero acabará sendo moi decidido a levar a cabo o que se propón, recorrendo á súa idea de que o amor o arranxa todo, que sen amor ninguén podería existir, e de que ninguén quere vivir nin morrer só. Ao final da historia, ao ser atacada a nave Von Braun por uns terroristas, chamados “Fronte de Defensa do Espazo”, Tanabe sofre unha hipoxia por falta de aire no seu traxe e as súas funcións motrices quedan moi afectadas, pero acabará recuperándose. Xogando a un xogo de palabras con Hachimaki, a este tócalle unha palabra que comeza por “cas-”, á que responde “casemos”.