Diferenzas entre revisións de «Maryland»

(engado control de autoridades)
[[Ficheiro:Susquehanna River 700.jpg|250px|dereita|miniatura|Vista do [[Río Susquehanna]].]]
 
Maryland está situado na [[Rexión Sur (Estados Unidos)|Rexión Sur]]. Limita ao norte con [[Pensilvania]], ao oeste con [[Virxinia Occidental]], ao leste con [[Delaware]] e o [[océano Atlántico]] e ao sur, separados a través do [[río Potomac]], con [[Virxinia]]. Próximo ao centro do estado, ás marxes do río Potomac, localizaselocalízase a capital americana, o [[Distrito de Columbia]]. A [[Baía Chesapeake]] case divide o estado en dous, e contando que o [[río Susquehanna]] desemboca na baía, o estado efectivamente está dividido en dous.
 
A extensión do litoral de Maryland co océano Atlántico é de 50 km. Porén, contando a baía Chesapeake e as illas dentro da baía, este número aumenta ata os 5.134 quilómetros; a maior parte dos [[río]]s do estado desembocan na baía Chesapeake. Non existen [[lago]]s naturais, aínda que existan lagos artificiais, creados por [[encoro]]s coa intención de xerar [[electricidade]]; o maior deses lagos posúe 1.600 hectáreas. Cerca de 40 % do estado é cuberto por [[bosque]]s.