Tratado de Lausana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11:
== Novas fronteiras ==
[[Ficheiro:Turkey-Greece-Bulgaria_on_Treaty_of_Lausanne.png|miniatura|dereita|Fronteiras de Turquía tralo tratado de Lausana.]]
O Tratado definiu as fronteiras europeas do [[Reino de Grecia]], do [[:es:Reino_de_Bulgaria|Reino de Bulgaria]] e [[Turquía|Turquía.]]. Oficialmente concluíu toda soberanía turca sobre as illas do [[Dodecaneso]] (artigo 15), [[Chipre]] (artigo 20), [[Reino de Exipto|Exipto]] e o [[Sudán Anglo-Exipcio|Sudán]] (artigo 17), [[Mandato francés de Siria|Siria]] e Iraq (artigo 3). Os territorios dedo [[Kurdistán]] foron repartidos entre varios países, e Armenia foi dividida entre o novo [[Turquía|estado turco]] e a [[Unión Soviética]].
 
As fronteiras turcas con [[Arabia Saudita]] e o [[Iemen]] foron controladas por tropas turcas até o [[23 de xaneiro]] <span>de</span> [[1919]], en que foron transferidas ao Reino Unido, e quedaron definidas (como perdidas para os turcos) no artigo 3.<ref>[http://www.osmanli700.gen.tr/english/affairs/affairs_a1.html Ottoman Web Site: "Arabia (Yemen-Hejaz) Front"]</ref><ref>[http://www.osmanli700.gen.tr/olaylar/olaya1.html Osmanlı Web Sitesi: "Arabistan Cephesi"]</ref>
 
Turquía tamén renunciou, segundo o artigo 22, en favor do [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]] aos seus intereses en [[Libia italiana|Libia]], segundo o previamente establecido en 1912 no artigo 10 do [[Tratado de Ouchy]]. Porén, Turquía corrixiu parcialmente os reveses do Tratado de Lausana en [[1938]], cando obtivo a provincia de [[Hatay]] de mans de [[Francia]], e en [[1974]], cando ocupou o terzo setentrional de [[Chipre]].