Toquio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 54:
Os ''Tokugawa'' foron depostos no [[1867]]. No [[1869]], o Emperador [[Emperador Meixi|Mexitsu]] (ou ''Mutsuhito'') mudouse para Edo, e o nome desta foi mudado para "Toquio", facendo da cidade oficialmente a capital do Xapón. Toquio significa, en [[xaponés]], "capital do oriente", e á época era constituída de 15 barrios diferentes (en comparación aos actuais 23). Desde entón, Toquio rapidamente adaptou moito da cultura occidental, e no final do século XIX, Toquio xa se parecía moito con unha cidade occidental.
 
O [[1 de setembro]] de [[1923]], Toquio foi atinxida por un [[terremoto|violento tremor sísmico]]. O terremoto e o incendio que se seguiu causaron a morte de máis de 120 mil persoas, ben como a destrución da maior parte de Toquio. Toquio foi lentamente reconstruída ao longo dos próximos 15 anos. Neste período, barrios veciños a Toquio comezaron a desenvolverse. No [[1932]], outros distritos, cidades e vilas veciñas foron anexadas a Toquio, que formal o seu actual limitelímite municipal. Xa durante a [[segunda guerra mundial]], en [[1943]], o goberno xaponés decidiu instituír a ''Provincia Metropolitana de Toquio''.
 
Constantes bombardeos norte-americanos, coa segunda guerra mundial, en Toquio destruíron moito dela. Os bombardeos norteamericanos comezaron en [[1942]], e estenderanse ata o final da guerra. Os bombardeos máis pesados atinxiron Toquio en [[1944]] e [[1945]], destruíndo aproximadamente un terzo da cidade, e matando aproximadamente 150 mil persoas. Millóns de persoas decidiron abandonar Toquio. Esta tiña preto de 7.3 millóns de habitantes en [[1940]]; no final da guerra, a poboación caera á metade, para preto de 3.5 millóns.