Imre Lakatos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 22:
 
== Traxectoria ==
Formado na Universidade de Debrecen, a súa nai e a súa aboaavoa foron asasinadas en [[Auschwitz]] entrementres el conseguiu fuxir dos [[nazi]]s cambiando de nome. Convertido nun convencido comunista, traballou no ministerio de Educación da república soviética do seu país e asistiu tamén aos seminarios de [[Gyorgy Lukács]]. Aínda que estudou tamén na Universidade estatal de [[Moscova]], foi acusado de revisionismo polo comunismo oficial e metido na cadea.
 
Implicouse na revolución húngara de [[1956]] que foi esmagada pola [[Unión Soviética]], o que provocou a súa fuxida a [[Viena]], e máis tarde ao [[Reino Unido]] onde se doutorou na [[Universidade de Cambridge]]. Posteriormente, traballou na Escola de Economía de Londres e foi o editor do ''British Journal for the Philosophy of Science'' ata a súa súpeta morte dunha hemorraxia cerebral.