Reino de Irlanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 50:
O Reino da Irlanda estaba gobernado por un executivo so o control dun ''Lord Deputy'' ou ''vicerrei'', sendo cargo foi ocupado por altos nobres, como Thomas Radcliffe. A partir de [[1688]] o título pasou ser de ''[[Lord Tenente de Irlanda|Lord Lieutenant]]''. Na ausencia dun ''Lord Deputy'', os lores conselleiros gobernaban a parte da Irlanda baixo ocupación inglesa. Aínda que algúns irlandeses ocuparon o cargo, a meirande parte dos ''lord deputies'' foron nobres ingleses.
 
O reino era lexislado polo bicameral [[Parlamento de Irlanda]], composto pola Cámara dos Lores e pola Cámara dos Comúns, e que case sempre se xuntaba en [[Dublín]]. Os poderes do Parlamento irlandés estaban restrinxidos a unha serie de leis, principalmente a Lei de Poyning de [[1492]]. Os católicos e máis tarde os presbiterianos foron durante gran parte deda súa historia excluídos da composición do parlamento. O parlamento do [[século XVIII]] reuniuse nun novo edificio, especialmente construído para abrigalo (o primeiro edificio especialmente construído para un parlamento bicameral en todo o mundo) en College Green, no centro de Dublín.
 
== Véxase tamén ==