Francisco de Goya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m imagem melhor
Liña 64:
Tralos dous intentos frustrados de obter apoio material para levar a cabo a obrigada viaxe para estudar os mestres italianos ''in situ'', Goya, cos seus propios recursos, parte cara a [[Roma]], [[Venecia]], [[Bolonia]] e outras cidades italianas, onde consta a súa aprendizaxe da obra de [[Guido Reni]], [[Rubens]], [[El Veronés]] ou [[Rafael Sanzio|Rafael]], entre outros grandes pintores.
 
[[Ficheiro:AnibalAníbal vencedor contempla por primera vez Italia desde los Alpes.jpg|miniatura|esquerda|290px|''[[Aníbal vencedor contempla por primeira vez Italia desde os Alpes|Aníbal vencedor]]'', 1770 ([[Cudillero]], [[Asturias]], Fundación Selgas-Fagalde).]]
 
En canto o seu percorrido e actividades durante esta viaxe de estudos existe un valioso documento, un álbum de apuntamentos denominado ''[[Cuaderno italiano]]'', que inaugura unha serie de cadernos de esbozos e anotacións conservados na súa meirande parte no [[Museo del Prado]]. Estes álbums distínguense cunha letra que vai da A á H e que marca unha orde cronolóxica. Neles atópase o groso dos debuxos de Goya, unha expresión moi valiosa da súa arte pola liberdade e rapidez coa que están executados. Neste terreo, pola contra, é o ''Caderno italiano'' o máis convencional, pois supón un caderno de traballo, de exercicios, máis que un ''corpus'' de obra orixinal.