Arato de Solos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 1:
[[Ficheiro:Aratos_von_Soloi.jpg|thumb|Arato.]]
'''Arato''' (en grego Ἄρατος), nado en Solos ([[Cilicia]]) o -[[-310|310]] e finado o -[[-240|240,]] foi un [[escritor]] [[Grecia|grego]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Hug._Grotii_Bataui_Syntagma_Arateorum_981373_00009.jpg|thumb|''Phaenomena'']]
Compuxo o seu poema máis famoso, ''Fenómenos'' (''Φαινόμενα''), na [[Reino de Macedonia|corte macedónica]] de Antígono II Gónatas e concluíuno cara ao -[[-275|275]] a.C. Escribiu outros poemas eruditos, algúns de tema médico, hoxe perdidos. Gozou dunha gran reputación entre os alexandrinos primeiro e entre os romanos despois. O mesmo [[Calímaco]] celebrouno nun fermoso [[epigrama]], e moitos outros o mencionaron eloxiosamente, como un mestre desa poesía astronómica, estelar nos seus temas e luminosa nos seus versos.
 
Os ''Fenómenos'' son o máis refulxente e sonado produto helenístico da poesía didáctico-astronómica. É dicir, pertence a un xénero de poesía que atopa xa en [[Hesíodo]] o seu mestre máis antigo, e que tivo notábeis practicantes no [[Idade Antiga|mundo antigo.]] No ámbito latino cómpre lembrar que as ''Xeórxicas'' de [[Virxilio]] se encadran nese mesmo carreiro literario. Nalgo máis de mil hexámetros (1154 exactamente), Arato de Solos, poeta docto onde os haxa, descríbenos o alto firmamento e as súas constelacións en versos de resonancias homéricas.
Liña 9 ⟶ 10:
Xa [[Aristóteles]] dedica unhas liñas a distinguir a poesía didáctica (de tema médico ou físico) da verdadeira épica, aínda que ambos os xéneros se expresen no mesmo [[Prosodia|metro]], en hexámetros<ref>1447b, [[Poética (Aristóteles)|Poética]]</ref>.
 
Como no ''De rerum natura'' de [[Lucrecio]], latexa no poema erudito sobre o ceo de Arato unha emoción relixiosa e unha [[cosmovisión]] [[Estoicismo|filosófica estoica]], mentres que destella nas súas imaxes unha polícroma e refinada [[Mitoloxía|mitoloxía.]] É unha magnífica e pintoresca mostra desa poesía alexandrina recargada de erudición e, doutra banda, sustentada nun sólido saber astronómico, en bogavoga no seu tempo.
 
É unha poesía cun [[vocabulario]] poético [[Arcaísmo|arcaizante]] e homérico, pero, á vez, innovadora dentro desa lingua épica de tan longa tradición, ao introducir expresións moi do seu tempo e a súa visión cósmica.
 
Suscitou ao longo da historia numerosos comentarios. Ao [[Lingua latina|latín]] traduciuse en repetidas ocasións e por ilustres autores ([[Marcus Tullius Cicero|Marco Tulio Cicerón]], [[Varrón]], [[Atacino]], [[Ovidio]], e [[Rufo Festo Avieno|Avieno]]). O seu prestixio perviviu na Alta Idade Media no curiosísimo ''Aratus Latinus'' de [[Dinastía Merovinxia|época merovinxia.]] Foi un texto moi lido no [[Renacemento]].
 
== Notas ==
{{Modelo:Listaref}}