William Elford Leach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 1:
'''William Elford Leach''', nado o [[2 de febreiro]] de [[1790]] en [[Hoe Gate]], ([[Plymouth]], [[Reino Unido]]) e finado o [[26 de agosto]] de [[1836]] en Palazzo San Sebastiano, ([[Tortona]], [[Xénova]], [[Italia]]), foi un [[zooloxía|zoólogo]] e [[bioloxía|biólogo mariño]] [[Inglaterra|inglés]], membro da ''[[Royal Society]]'' (FRS).
 
== Traxectoria ==
Leach naceu en Hoe Gate, [[Plymouth]],foi fillo dun avogado.<ref name="Damkaer">{{cita libro|autor=David M. Damkaer|ano=2002|título=The Copepodologist's Cabinet: A Biographical and Bibliographical History, Volume 1|serie=Memoirs of the American Philosophical Society, Volume 240|publisher=American Philosophical Society|isbn=978-0-87169-240-5|capítulo=Adding pages|pages=131–155|url=http://books.google.co.uk/books?id=TgUNAAAAIAAJ&pg=PA147}}</ref> Á idade de doce anos foi á escola en [[Exeter]], para estudar [[anatomía]] e [[química]].<ref name="Damkaer"/> Alí, recollía mostras mariñas en [[Plymouth Sound]] e ao longo da costa de [[Devon]]. Aos dezasete anos iniciou os estudos de [[medicina]] no Hospital ''St. Bartholomew'' en [[Londres]], terminando a carreira na [[Universidade de Edimburgo]] e na de [[Universidade de St Andrews|St Andrews]].<ref name="DNB">Thomas Seccombe (1892): "Leach, William Elford", en Sidney Lee, ''Dictionary of National Biography'', '''32'''. Londres: Smith, Elder & Co.</ref>
[[Ficheiro:Libinia emarginata.png|miniatura|250px|Debuxo de ''Libinia emarginata'' en ''A Zoological Miscellany'', de Leach, autor que describiu esta especie de centola en 1815.]]
 
En [[1813]] Leach regresou aos seus intereses [[zooloxía|zoolóxicos]] e foi empregado como bibliotecario auxiliar na ''Sección Zoolóxica'' do [[Museo Británico]].<ref name="Damkaer"/> Alí dedicouse a ordenar as coleccións, moitas das cales foran abandonadas desde que deixou o Museo [[Hans Sloane]]. Durante este tempo foi conservador auxiliar da sección de historia natural, converténdose nun experto en [[crustáceos]] e [[moluscos]]. Tamén traballou en [[insectoinsectos]]s, [[mamíferos]] e [[aves]].<ref name="Mearns">{{cita libro|autor=Barbara Mearns & Richard Mearns|título=Biographies for Birdwatchers|isbn=0-12-487422-3|publisher=Academic Press|ano=1988}}</ref>
 
A nomenclatura de Leach era un tanto excéntrica. Nomeou vinte e sete especies baseadas no nome do seu amigo [[John Cranch]] (quen as recoletararecolectara en África antes de morrer no navío da Armada Británica ''HMS Congo''). E en [[1818]] nomeou nove xéneros baseados en ''Caroline'' ou anagramas deste nome, posibelmente en alusión ao nome da súa amante.<ref name="Damkaer"/>
 
En [[1821]] sufriu unha [[depresión (psicoloxía)|depresión nerviosa]] debido ao exceso de traballo e dimitiu do seu posto no museo en marzo de 1822. A súa irmá maior levouno á [[Europa|Europa continental]] a convalecer, e viaxaron a través de [[Francia]], [[Italia]] e [[Grecia]].
Liña 14:
 
== Bibliografía ==
As obras que escribiu obras durante a súa estancia no Museo Británico son as seguintes:<ref name="DNB"/>
* ''The Zoological Miscellany'' (1814–1817).
* ''Monograph on the British Crabs, Lobsters, Prawns and other Crustacea with pedunculated eyes'' (1815–1817).
Liña 21:
 
== Eponimia ==
O petrel de Leach (''[[Oceanodroma leucorhoa]]''), foi denominado así na súa honra, tras a súa morte, por [[Coenraad Jacob Temminck]] en 1820, non sendo consciente de que fora descrito previamente por [[Louis Jean Pierre Vieillot|Vieillot]]. Un espécime desta ave comprárao Leach en nome do Museo Británico por 5,15 £ na venda da colección de [[William Bullock]] en 1819. Na mesma venda comprou tambéntamén un arao xigante (''[[Pinguinus impennis]]'') e un ovo por só 16 £.
 
O picapeixe de ás azuis (''[[Dacelo leachii]]'') tamén se nomeou en seu honor, en 1827, por [[Nicholas Aylward Vigors|Vigors]] e [[Thomas Horsfield|Horsfield]].