Napoleón I de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 108:
As ideas nacionalistas, inspiradas no espírito revolucionario francés, prenden entre os pobos de Europa. Os exércitos franceses perden o apoio popular dende Varsovia ata Madrid. As grandes potencias poñen a funcionar a súa maquinaria de guerra, pero non o terán doado.
 
Napoleón improvisa un novo exército e, nun alarde de velocidade, derrota aos prusianos en [[Lutzen]] e [[Batalla de Bautzen|Bautzen]]. Ten a súa mercede todo o flanco sur de [[Berlín]], pero ante inferioridade numérica e o esgotamento das súas bisoñas tropas, opta por asinar un armisticio en Pläswitx (o que máis adiante calificaría como ''a maior parvada da súa vida'').
 
Os exércitos austriacos, prusianos, rusos, suecos e outras unidades menores gañan tempo para organizarse e intentar acurralalo. Napoleón volve a vencer en [[Dresde]]. Nunha estratexia concéntrica, os aliados buscan embolsalo en [[Leipzig]], onde en outubro de 1813, ten lugar a denominada Batalla das Nacións. En realidade un conxunto de durísimos encontros onde os 150.000 franceses contiveron durante catro días o pulo dos 300.000 homes das tropas coaligadas. Napoleón consegue retirar ordeadamente ás súas tropas, pero a costa de cuantiosas baixas (38.000, polas 54.000 aliadas). Arrasa ao exército bávaro que pretendía pecharlle o paso en [[Hanau]], e volve a Francia onde pretende reorganizar novamente ao seu exército.