Napoleón I de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 90:
Napoleón volve de España, e tomando man dun importante recrutamento de mozos de reemprazo organizou un avanze polo val do [[Danubio]]. Vence en [[Abensberg]] e [[Eckmühl]] facéndose con Baviera. Tras estas victorias marchou sobre Viena e, tras a batalla de [[Ebersberg]], entra na capital imperial. Ésta última acción primou o criterio político sobre o militar e supuxo deixar de presionar directamente ás castigadas forzas inimigas. Estas, con tempo para reorganizarse, achegáronse a Viena, e aproveitando as crecidas do Danubio atraparon ás tropas napoleónicas na sangrienta batalla de [[Aspern-Essling]](arredor de 22.000 baixas en cada bando). Era a primeira vez que o Emperador de Francia era vencido ao fronte das súas tropas.
 
Facendo gala dunha contundente capacidade de resposta e de concienzuda destreza táctica, faise de novo coa iniciativa e derrota ás tropas austriacas en [[Wagram|Batalla de Wagram|Wagram]] (xullo de 1809). Unha batalla de proporcións descoñecidas ata entón onde se enfrontaron directamente ao redor de 330.000 homes.
 
Austria vese obrigada a asinar a Paz de Schönbrunn, na que perde gran parte do seu territorio a prol de Baviera, o Gran Ducado de Varsovia, Francia e Rusia. Renuncia a toda saída ao mar. Austria é do novo humillada, pero Europa comproba que Napoleón non é invencible.