Liber chronicarum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada); cambios estética
Liña 6:
É un dos máis prezados [[incunable]]s (do latín ''incunabulum'' -"berce" ou "comezo"-, nome que se dá aos primeiros libros saídos da recentemente creada [[imprenta]] -entre 1450 e 1500-). De aproximadamente 600 páxinas ''in-folio'' (formato de aproximadamente 44x67 cm), está moi ricamente ilustrado con 1804 [[xilografía]]s (gravados mediante ferros de madeira). A edición está moi coidada e as súas xilografías son de gran valor artístico.
 
Os estudosos estiman que se fixeron entre 1.400 e 1.500 copias en latín e entre 700 e 1.000 en alemán. Un documento de 1509 rexistra que 539 das latinas e 60 das alemás quedáronse sen vender para esa data. Aproximadamente 400 latinas e 300 alemás sobreviven no século XXI. Áchanse dispersas en museos e coleccións de todo o mundo ([[Academia de San Fernando]] de [[Madrid]], [[Abadía do Sacromonte]] de [[Granada, España|Granada]], [[Biblioteca Palafoxiana]] de [[Estado de Puebla|Puebla]] -[[México]]-, [[Museo de Belas Artes de Boston]], [[Biblioteca Nacional de Chile]] en [[Santiago de Chile|Santiago]], Área Cultural do [[Banco da República de Colombia]] -[[Cúcuta]]-, Biblioteca Central Pública Durango, etc.) En abril de 2011 o anticuario norteamericano Ken Sanders atopou casualmente na pequena localidade de Sandy (ao sur de [[Salt Lake]], [[Utah]]) un exemplar da primeira edición en lingua alemá.
 
''As Crónicas'' como texto literario é o resultado dunha [[compilación]] obra do médico [[Hartmann Schedel]]. Os gravados foron responsabilidade de [[Michael Wolgemuth]]<ref>Pintor e gravador, foi mestre de Durero en pintura, gravado sobre madeira e ao cobre. O seu taller, orixinalmente, só gravaba en madeira retablos e esculturas; rapidamente especializouse na ilustración de libros, empregando a debuxantes que transferían o deseño do artista ao bloque de madeira e entalladores que tallaban logo o ferro coa gubia. Stephan Füssel, "Chronicle of the World", Colonia 2001, páx. 17.</ref> e [[Wilhelm Pleydenwurff]].<ref>Xenro de Wohlgemuth, foi tamén gravador e participou na ilustración das Crónicas.</ref> O impresor e editor responsábel da publicación foi [[Anton Koberger]],<ref>Antes de fundar a segunda imprenta de Alemaña en 1470 foi ourive; en 1489 posuía xa 34 imprentas onde traballaban ao redor de cen persoas; en 1500 producira uns 250 títulos. Padriño de Durero, pertencía ás familias acomodadas de Núremberg. Aínda que habitualmente iniciaba os seus propios proxectos no caso das Crónicas de Núremberg foi un traballo realizado baixo contrato.</ref> financiado pola iniciativa de [[Sebald Schreyer]] e [[Sebastian Kammermaister]]. A tradución do ''Liber Chronicarum'' ao alemán foi realizada por [[Georg Alt]],<ref>Foi tesoureiro da cidade de Núremberg</ref> que axudara a Schedel na compilación da versión latina inicial.
Liña 35:
* O deseño da páxina facíase deixando espazo para as eventuais ilustracións que podería solicitar o comprador. Este libro, p.e., exemplariza unha nova relación entre texto e imaxe, creándose esta para o texto e tendo xa o seu lugar cando a concepción (como o proba a maqueta manuscrita); o texto xa non se dispón en dúas columnas senón que viste aos gravados.<ref>Recolleito en “La Nef des Fous”</ref>
* Aínda que a obra ten 1804 ilustracións realizáronse só 652 ferros para a súa consecución, pois moitas delas foron reempregadas varias veces ao longo do libro; caso das ilustracións de cidades ou de retratos. A razón debíase sinxelamente a que na época a imaxe servía para distraer ao lector pero non se esixía que fose representativa. Así, no caso da ilustración de Venecia, nun decorado ficticio, recoñécese a lagoa ou "il campanile".
* As crónicas de Núremberg foron un ''best-seller'' na época a pesar do seu elevado prezo, -3,5 floríns para unha versión non encadernada nin coloreada e 8 floríns para unha versión encadernada e coloreada,<ref>O florín era unha moeda de ouro</ref> aínda que o éxito non respondeu na súa aparición ao que se esperaba por mor de que se publicou tamén unha imitación moi ben realizada.<ref>Johann Schönsperger, especializado en "reimpresións", publicou pouco tempo despois unha versión en alemán co mesmo texto e o mesmo número de imaxes aínda que a tamaño menor e con papel de inferior calidade</ref> A pesar diso, reeditouse tres veces en dez anos e vendeuse por toda Europa. Estímase hoxe que a tirada foi de 1500 exemplares para a versión latina<ref>As diferenzas entre versións, á parte das cosméticas como o tipo de letra empregado,son pequenas;a edición alemá levemente alixeirada elude repeticións ou certos pensamentos abstrusos, incluíndo ás veces ampliacións menores do texto latino</ref> e 1000 para a alemá.<ref>A edición alemá ía dirixida á clase media alta, que non posuía unha educación universitaria; a versión latina orientábase máis aos mercados académicos e teolóxicos.</ref>
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Liña 52:
Ficheiro:Nuremberg chronicles - f 15r.png|El [[Templo de Xerusalén|Templo de Salomón]], a imaxe impresa de [[Xerusalén]] máis antiga, fol. 15r. [[Museo de Israel]], Xerusalén
Ficheiro:Nuremberg chronicles f 196r 3.jpg|Estrela fugaz
Ficheiro:Sun and Moon Nuremberg chronicle.jpg|[[Sol]] [[Lúa| e Lúa]]
Ficheiro:Schedelsche Weltchronik d 122.jpg|Relación texto e imaxe
Ficheiro:Schedel register.jpg|Rexistro caligráfico
Liña 78:
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Nuremberg Chronicle}}
{{Wikisource|de:Schedel’sche Weltchronik|Schedel’sche Weltchronik (en alemán)}}