José Zorrilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
Liña 22:
Nese país tivo unha vida de illamento e pobreza, sen mesturarse na guerra civil entre federalistas e unitarios. Porén, trala chegada ao poder de Maximiliano I en [[1864]], Zorrilla convertirse en poeta académico e foi nomeado director do [[Teatro Nacional de México|Teatro Nacional]].
 
Trala morte da súa esposa, regresou a [[España]] en [[1866]]. Tras saber do fusilamento de Maximiliano, verqueu no poema [[El drama de un alma|''El drama de un alma'']] todo o seu odio contra os liberais mexicanos, así como contra os que abandonaran ao seu amigo, [[Napoleón III]] e o [[Papa]]. Desde entón a súa [[Fe (relixión)|fe]] relixiosa sufriu un duro golpe. Recuperouse casando con [[Juana Pacheco]] en [[1869]], pero regresaron os seus apuros económicos que non puideron evitar nin os recitais públicos da súa obra, nin unha comisión gobernamental en [[Roma]] ([[1873]]), nin unha pensión outorgada demasiado tarde, aínda que recibía a protección dalgúns personaxes da alta sociedade española coma os [[José Manuel de Goyeneche y Gamio|condes de Guaqui]]. Porén, as honras seguían a caer sobre el: cronista de [[Valladolid]] ([[1884]]), coroación coma poeta nacional laureado en [[Granada, España|Granada]] en [[1889]] etc.
 
Morreu coma consecuencia dunha operación efectuada para extraerlle un tumor cerebral. Foi enterrado no [[Camposanto de San Xusto de Madrid|camposanto de San Xusto]] de [[Madrid]], pero en [[1896]], cumprindo a súa vontade, os seus restos foron levados a [[Valladolid]]. Na actualidade atópanse no Panteón de Vallisoletanos Ilustres do camposanto do Carme.