Ruy López de Segura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
Liña 23:
Desde mozo Ruy López foi un namorado do xadrez e dise que un dos que máis influíu nel foi [[Damiano Portoguese|Damiano]], quen publicara un libro en [[1512]] que López estudou. En [[1560]] chegou a [[Roma]] por asuntos eclesiásticos e alí derrotou aos mellores xadrecistas italianos. Repetiu a súa fazaña en [[1573]] durante o pontificado de [[Gregorio XIII, papa|Gregorio XIII]], época na que [[Italia]] era o máis importante centro xadrecístico de Europa, especialmente Roma.
 
Moitos historiadores do xadrez considérano como o primeiro campión do mundo rexistrado en Europa e como creador da [[Teoría (xadrez)|teoría]] do xadrez. Tamén é destacable que practicou con éxito a modalidade do [[xadrez á cegas]]. O rei Filipe II colmoulle de honras pola súa fama no xadrez. En 1575, Filipe II invitouno a un torneo na súa corte e así reuníronse en Madrid os dous mellores xadrecistas italianos da súa época, Leonardo da Cutri e [[Paolo Boi]], alcumado ''o Siracusano'', xunto cos españois Ruy López e [[Afonso Cerón]], de [[Granada, España|Granada]]. Esta proba é cualificada polos historiadores como o primeiro Torneo Internacional de Mestres e a primeira en ser documentada. O torneo gañouno Leonardo da Cutri, quen recibiu como premio mil ducados, unha capa de [[armiño]] e o seu lugar de nacemento, durante vinte anos, estivo exento de pagar tributos. Filipe II enviou as súas felicitacións a [[Xoán de Austria]] nunha carta datada o [[22 de agosto]] de [[1575]].