Xoán Cuveiro Piñol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
Liña 4:
Militou no [[Partido Progresista]] e participou na [[revolución de 1846]], polo que recibiu a cruz de Valor e Constancia. Foi funcionario de Facenda en [[Valladolid]] e [[Pontevedra]], onde traballou de libreiro, especialmente cando o cesaron os gobernos moderados (1848 e 1867). Integrouse dentro da ideoloxía [[Rexionalismo galego|rexionalista]]. Emigrou para [[Cuba]], onde estreou a súa obra ''Pedro Madruga: drama hestóreco nun auto e tres coadros en verso'' ([[1897]]). Aínda que polo título semella que a obra xira en torno á figura de [[Pedro Álvarez Soutomaior]] ([[Pedro Madruga]]), este drama está baseado sobre todo nunha historia de amor, de maneira que a figura de Pedro Madruga perde protagonismo.
 
Tamén é autor de poemas, do estudo sobre a lingua galega ''El Habla Gallega. Observaciones y Datos sobre su Origen y Vicisitudes'' ([[1868]]), dun ''[[Diccionario gallego]]'' ([[1876]]), a versión galega dunha biografía de [[Calderón de la Barca]] editada en [[Granada, España|Granada]] en [[1881]] (en colaboración con [[Vicente Gutiérrez Piñeiro]]) e ''Iberia: protohistoria y rectificaciones de algunos hechos históricos'' (1891).
 
Promoveu e dirixiu as publicacións pontevedresas ''[[Las Musas del Lérez]]'', ''[[El Libre Pontevedrés]]'' e ''[[El Progreso (1869)|El Progreso]]'', colaborou en ''[[A Monteira]]'' e ''[[Revista Gallega]]'' e nas pontevedresas ''[[El Circulador]]'', ''[[La Distracción]]'', ''[[El Vociclero]]'', ''[[La Opinión (Pontevedra)|La Opinión]]'' e ''[[La Revista (1849)|La Revista]]''.