Beltrán de la Cueva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
Liña 11:
En [[1465]] púxose ao lado do rei na chamada [[Farsa de Ávila]], conxura na que destacados nobres (entre eles o Marqués de Villena e o Arcebispo de [[Toledo]], [[Alfonso Carrillo de Acuña|Alfonso Carrillo]]) pretendían derrocar ao rei, e participou na [[Segunda Batalla de Olmedo]] ([[1467]]) que puxo fin á intentouna. Como premio engadiu ás súas posesións as vilas de Mijares, A Adrada e Colmenar, que sería rebautizada posteriormente como Mombeltrán na súa honra.
 
Contra o que se puidera imaxinar, Beltrán de la Cueva nunca tomou partido pola súa suposta filla durante a [[Guerra Civil Castelá]] que enfrontou a Xoana coa súa tía [[Isabel a Católica|Isabel]] entre [[1474]] e [[1479]], logo da morte de Henrique. Ao contrario, combateu nas filas isabelinas durante varios anos, tanto na guerra sucesoria como no asedio de [[Granada, España|Granada]] de [[1491]]. Morreu o día de Todos os Santos de [[1492]] no seu castelo de Cuéllar.
 
Don Beltrán de la Cueva dedicou parte do seu tempo a glosar o ''Libro de cetrería''de Xoán de Sahagún, cetrero do rei [[Xoán II de Castela]]. Desta obra coñécense catro copias: dous consérvanse na Biblioteca Nacional de España, outra na Universidade de Yale e recentemente descubriuse unha cuarta na Biblioteca Statale de Montevergine (Italia), aínda que esta versión omite as glosas de D. Beltrán.