Mahoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
máis da wiki.ca
Liña 109:
[[Ficheiro:Siyer-i Nebi 414a.jpg|miniatura|A morte de Mahoma.]]
Pouco antes da súa morte, Mahoma dirixiuse pola última vez aos seus seguidores no que ficou coñecido como o sermón final do profeta. A súa morte en xuño de [[632]] en [[Medina]], por mor dunha curta enfermidade á idade de 63 anos<ref>Muhammad Hamidullah, "Le Prophète de l'islam", ed. El Najah, 1998, p. 986.</ref>, deu orixe a unha gran crise entre os seus seguidores. En realidade, esta disputa acabou por orixinar a división do [[islam]] entre as seitas [[sunita]]s e [[xiíta]]s. Os xiítas afirman que o profeta designou a [[Alí ibn Abu Talib]] como o seu sucesor, neste sermón público na súa última hax, nun lugar chamado [[Ghadir Khon]], en canto que os sunitas discordan disto.
 
== Milagres atribuídos ==
No islam preséntase a Mahoma simplemente como un home que recibe a misión de transmitir a revelación de Deus; polo que o monoteísmo radical do islam sempre evitou a divinización de Mahoma, quen proclamaba que o seu único milagre fora a transmisión do [[Corán]]. Aínda así, a tradición popular atribúelle unha serie de milagres e feitos de tipo sobrenatural:
 
* Co seu dedo dividiu a lúa.
* Intentaron asasinalo dándolle un cacho de carne envelenada, mais o propio cacho de carne faloulle para avisalo que non o tocara.
* O toro dunha palmeira suspirou ao velo.
* Unha [[gacela]] falou con él.
* Non tiña sombre e da súa suor creouse o [[Resío|orballo]]
*Durante a ''[[Làylat al-Miraj]]'' ('Noite da viaxe'), Mahoma ascendeu ao Ceo montado nun cabalo con ás chamado [[Buraq]] en compaña do arcanxo Gabriel.
 
== Notas ==