Mahoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 43:
 
== Primeiro casamento ==
Por volta de 595, nunha viaxe comercial, Mahoma coñeceu Khadixah, unha viúva rica de 40 anos de idade. O Mahoma mozo (na altura 25 anos de idade) impresionou Khadixah de tal forma que ela propuxo o casamento. O casamento foi un punto de viraxe na vida de Mahoma. De acordo cos costumes árabes, os fillos máis novos non recibían ningunha herdanza, sexa dos pais ou dos avós. Con este casamento, Mahoma viuse subitamente señor dunha grande fortuna<ref>Ali Sultaan Ali Asani, Kamal Abdel-Malek, Annemarie Schimmel, Celebrating Muḥammad, University of South Carolina Press,‎ 1995, p. 2.</ref>. A [[sira]] rexistra que deu á luz 6 fillos de Mahoma, aínda que só sobreviviron catro fillas: Zainab, Ruqayyah, Umm Kulthoom e Fatimah Zahra<ref>Mathieu Tillier et Thierry Bianquis, « De Muhammad à l'assassinat de 'Alî », in Thierry Bianquis, Pierre Guichard et Mathieu Tillier (dirs.), Les débuts du monde musulman, viie ‑ xe siècle. De Muhammad aux dynasties autonomes, éd. P.U.F./Nouvelle Clio, 2012, p. 80.</ref>. A pesar de Mahoma non ter crianzas das súas futuras mulleres, el tivo un fillo dunha súa escrava copta (un pobo exipcio) María (Miriam). Este fillo, chamado Ibrahim, morreu na infancia.
 
== Anos seguintes ==