Flamenco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Toque: texto traducido desde a wiki .es:Flamenco#Toque
m →‎Toque: arranxiño
Liña 122:
A postura e a técnica dos guitarristas flamencos, chamados ''tocaores'', difiere da usada polos intérpretes de [[guitarra clásica]]. Mentres o guitarrista clásico apoia a guitarra sobre a súa perna esquerda de forma inclinada, o guitarrista flamenco adoita cruzar as pernas e apoiala sobre a que se atopa máis elevada, colocando o mastro nunha posición case horizontal con respecto ao chan. Os tocaores modernos adoitan utilizar guitarras clásicas, aínda que existe un instrumento específico para este xénero chamado [[Guitarra #Guitarra de flamenco|guitarra flamenca]]. Esta é menos pesada, e a súa caixa é máis estreita que a da [[guitarra clásica]], polo que a súa sonoridade é menor e non eclipsa ao cantaor. Polo xeral adoita facerse de madeira de [[ciprés]], co mango de [[cedro]] e a tapa de [[abeto]]. O ciprés dálle unha sonoridade brillante moi adecuada para as características do flamenco. Antiguamente tamén se usaba o pau santo de Río ou da India, sendo o primeiro de máis calidade, pero actualmente está en desuso debido á súa escaseza. O pau santo outorgaba ás guitarras unha amplitude de son especialmente adecuada para o toque solista. Na actualidade, o [[caravlleiro]] máis utilizado é o de metal, xa que o de madeira suscita problemas de [[afinación]].
 
Os principais guitarristras foron [[Manuel Ramírez de Galarreta]], o Gran Ramírez (Madrid, 1864-1920), e os seus discípulos [[Santos Hernández]] (Madrid, 1873-1943), que construíu varias guitarras para o mestre [[Sabicas]], [[Domingo Esteso]] e [[Modesto Borreguero]]. Así mesmo destacan os Irmáns Conde, Faustino (1913-1988), Mariano (1916-1989) e XulloJulio (1918-1996), sobriños de Domingo Esteso, cuxos fillos e herdeiros continúan a saga.
 
== Cantaores ==