Vocalización das aves: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Definición: ligazón
Liña 11:
A diferenza entre canto e reclamo é dalgunha maneira arbitraria. Os cantos son máis longos e complexos e están asociados ao cortexo e apareamento, mentres que os reclamos tenden a desempeñar funcións de alarma ou para manter xunta á bandada e en comunicación.<ref name=Ehrlich>Ehrlich, Paul R., David S. Dobkin, e Darryl Wheye. [http://www.stanford.edu/group/stanfordbirds/SUFRAME.html "Bird Voices" and "Vocal Development"] from ''Birds of Stanford essays''.</ref> Outras autoridades como Howell e Webb (1995) fan a distinción en base á súa función; deste xeito, vocalizacións curtas como as das [[pomba]]s, e mesmo sons non vocais como o "tamborileo" dos [[petos|paxaros carpinteiros]] ou o producido polo batido das ás do [[Gallinago gallinago|arceolo]] nos seus voos de exhibición son considerados cantos.<ref name=howell>Howell, Steve N. G., e Sophie Webb (1995): ''A Guide to the Birds of Mexico and Northern Central America''. Oxford University Press. ISBN 0-19-854012-4.</ref> Porén, outros autores enfatizan que o canto debe posuír diversidade silábica e regularidade temporal semellante aos patróns repetitivos e transformativos que definen a [[música]].
 
O canto das aves está máis desenvolvido na [[Orde (bioloxía)|orde]] dos [[Passeriformes|paseriformes]]. A maioría dos cantos son emitidos polos machos máis que polas femias. Os cantos son emitidos desde sitios onde os paxaros pousan, aínda que algunhas [[especie]]s poden facelos tamén en voo. Algúns grupos de aves son case mudos, producindo sons puramente mecánicos, tales como as [[cegoñascegoña]]s que só troupelean cos seus picos. Nalgunhas especies de [[Pipridae|pipras]], o macho desenvolveu varios elementos mecánicos para a produción de sons, entre eles mecanismos para a [[estridulación]] non moi diferente á dos insectos.<ref>Bostwick, Kimberly S. e Richard O. Prum (2005): "Courting Bird Sings with Stridulating Wing Feathers". ''Science''. '''309''' (5735):736. [http://www.sciencemag.org/cgi/content/abstract/309/5735/736].</ref>
 
A produción de sons a partir de medios mecánicos, en oposición aos emitidos a través da [[sirinxe]] foi denominada en ocasións como "música instrumental" por [[Charles Darwin]]<ref>Manson-Barr, P. e Pye, J. D. (1985): "Mechanical sounds". In ''A Dictionary of Birds'' (ed. B. Campbell e E. Lack), pp. 342-344. Staffordshire: Poyser.</ref> e máis recentemente como "sonatación".<ref name="bostwick">Bostwick, Kimberly S. e Richard O. Prum (2003): "High-speed video analysis of wing-snapping in two manakin clades (Pipridae: Aves)". ''The Journal of Experimental Biology'' '''206''':3693-3706 [http://jeb.biologists.org/cgi/content/full/206/20/3693]</ref> O termo "sonata" definiuse como o acto de producir sons non vocais coa intención de modular sinais comunicativas, producidas sen utilizar a sirinxe, tales como o pico, as ás, a cola, as patas e as plumas do corpo.<ref name="bostwick" />