Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Fontes fiables»

m
Os comentarios editoriais, análises e pezas de opinión, escritas polos editores da publicación ou autores externos, son fontes primarias fiables para afirmacións atribuídas ao propio editor ou autor, pero case nunca son fiables para referenciar afirmacións sobre feitos concretos.
 
* Ao tomar información dunha peza de opinión, a identidade do autor pode axudar a determinar a súa fiabilidade. As opinións de especialistas e expertos recoñecidos ten máis probabilidades de ser fiable e de reflectir un punto de vista significativo. Non obstante, teña en conta que as afirmacións excepcionais requiren así mesmo fontes excepcionais que as validen. As opinións dos autores deben indicarse claramente como tal, e non comacomo feitos en si. As críticas e revisións de libros, filmes, arte etc. poden conter tanto opinións coma resumos e pezas académicas.<ref name="Princeton">{{Cita web|url=http://wordnetweb.princeton.edu/perl/webwn?s=book%20review|título=Book reviews|editorial=Princeton|ano=2011|autor=Princeton|obra=Scholarly definition document|lingua=en}}</ref><ref name="VirginiaTech">{{Cita web|url=http://www.lib.vt.edu/find/byformat/bookreviews.html|título=Book reviews|editorial=Virginia Polytechnic Institute and State University|ano=2011|autor=Virginia Polytechnic Institute and State University|obra=Scholarly definition document|lingua=en}}</ref>
* Para informacións sobre temas académicos, as fontes académicas e fontes non académicas de calidade considéranse xeralmente mellor que as novas dos medios de comunicacións. As novas en si poden considerarse aceptables dependendo do contexto. Os artigos que traten un tema en profundidade baixo estudos específicos, teñen xeralmente máis valor que artigos xerais que só traten o tema de forma tanxencial.
* A difusión de rumores non ten relevancia enciclopédica, aínda que en certas instancias a información verificable ''sobre'' ditos rumores si poida ser axeitada (é dicir, a indicación de que un determinado rumor acadase certa notoriedade, aínda que non sexa unha verdade probada). [[Wikipedia:O_que_a_Wikipedia_non_é#A_Wikipedia_non_fai_propaganda|A Wikipedia non é sitio]] para difundir rumores e dixomedíxomes.