Wikipedia:Fontes fiables: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 72:
Calquera pode crear unha [[páxina web]] persoal ou auto publicar o seu propio libro, e afirmar ser un experto nun campo determinado. Por este motivo, a maioría de auto publicacións adoitan non ser fontes fiables xeralmente, xa sexan libros auto publicados, páxinas web persoais, [[wiki]]s abertas, blogs, páxinas persoais en [[rede social|redes sociais]], foros ou [[Twitter|tweets]].
 
"Blogs" neste contexto fai referencia a blogs persoais e colectivos. Algúns medios de comunicación posúen columnas interactivas chamadas blogs, que poden serchegar a considerarse aceptables comacomo fontes fiables en tanto os autores dos mesmos sexan xornalistas profesionais ou expertos na materia tratada no propio blog, e este estea baixo o control editorial do medio en si. As mensaxes escritase comentarios escritos polos lectores do blog non deben empregarse nunca coma fontes.
 
O material auto publicado pode resultar aceptable en ocasións, cando o autor sexa un experto establecido que teña a súa obra '''no campo relevante''' publicada por '''terceiras partes fiables'''. A información auto publicada non debe empregarse nunca coma unha fonte de terceiros sobre outra persoa viva, aínda que o autor sexa un coñecido investigador ou escritor profesional.