Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Fontes fiables»

m
m
* Ao tomar información dunha peza de opinión, a identidade do autor pode axudar a determinar a súa fiabilidade. As opinións de especialistas e expertos recoñecidos ten máis probabilidades de ser fiable e de reflectir un punto de vista significativo. Non obstante, teña en conta que as afirmacións excepcionais requiren así mesmo fontes excepcionais que as validen. As opinións dos autores deben indicarse como tal, e non coma feitos en si. As críticas e revisións de libros, filmes, arte etc. poden conter tanto opinións coma resumos e pezas académicas.<ref name="Princeton">{{Cita web|url=http://wordnetweb.princeton.edu/perl/webwn?s=book%20review|título=Book reviews|editorial=Princeton|ano=2011|autor=Princeton|obra=Scholarly definition document|lingua=en}}</ref><ref name="VirginiaTech">{{Cita web|url=http://www.lib.vt.edu/find/byformat/bookreviews.html|título=Book reviews|editorial=Virginia Polytechnic Institute and State University|ano=2011|autor=Virginia Polytechnic Institute and State University|obra=Scholarly definition document|lingua=en}}</ref>
* Para informacións sobre temas académicos, as fontes académicas e fontes non académicas de calidade considéranse xeralmente mellor que as novas dos medios de comunicacións. As novas en si poden considerarse aceptables dependendo do contexto. Os artigos que traten un tema en profundidade baixo estudos específicos, teñen xeralmente máis valor que artigos xerais que só traten o tema de forma tanxencial.
* A difusión de rumores non ten relevancia enciclopédica, aínda que en certas instancias a información verificable ''sobre'' ditos rumores si poida ser axeitada (é dicir, a indicación dade notoriedadeque doun determinado rumor enacadase sicerta notoriedade, aínda que non sexa unha verdade probada). [[Wikipedia:O_que_a_Wikipedia_non_é#A_Wikipedia_non_fai_propaganda|A Wikipedia non é sitio]] para difundir rumores e dixomedíxomes.
* Algúns medios de comunicacións teñen empregado artigos da Wikipedia coma fonte para os seus traballos. Polo tanto, os editores deben ter coidado en evitar as [[Wikipedia:Verificabilidade#A_Wikipedia_e_as_fontes_que_a_empregan_como_referencia|referencias circulares]].
* O feito de que unha nova ''específica'' sexa fiable para un feito ou afirmación concreta nun artigo da Wikipedia debe considerarse e revisarse caso por caso.