Martin McDonagh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 9:
 
== Obra ==
En [[1996]] acadou o premio do Círculo da Crítica Teatral británica ao dramaturgo máis prometedor do ano coa súa primeira obra, ''[[A raíña da beleza de Leenane]]'' (''The Beauty Queen of Leenane'')<ref>[http://criticscircle.org.uk/drama/award.asp?CAT=drama_pp&title=Most%20Promising%20Playwright Artigo] en www.criticscircle.org {{en}}.</ref>, que en [[1998]] foi nominadanomeada ao [[Premios Tony|Premio Tony]] á mellor obra. Esta obra inicia unha triloxía de obras ambientadas no Condado de Galway, co que gañou o favor do público e da crítica. O ciclo, ''The Leenane Trilogy'', complétase con ''[[Un cranio furado]]'' (''A Skull in Connemara'') e ''[[Oeste solitario]]'' (''The Lonesome West''), as dúas de [[1997]]. As tres obras foron coproducidas polo [[Royal Court Theatre]] de Londres e o [[Druid Company Theatre]] de Galway.
 
A súa segunda triloxía irlandesa é ''The Aran Islands Trilogy'', ambientada nunhas pequenas illas fronte á costa de Galway. Está composta por ''The Cripple of Inishmaan'' (1997), ''The Lieutenant of Inishmore'' ([[2001]]) e ''The Banshees of Inisheer'', sen editar ao non considerala o autor suficientemente boa. ''The Cripple of Inishmaan'' foi estreada no [[Royal National Theatre]] (Cottesloe) de Londres. ''The Lieutenant of Inishmore'', estrenada en Londres pola [[Royal Shakespeare Company]], é unha comedia negra sobre un terrorista expulsado do [[IRA]] pola súa brutalidade, que de volta á súa aldea toma unha sanguenta represalia contra dos que asasinaron o seu gato.