In the Name of the Father: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 28:
 
== Argumento ==
No [[Belfast]] dos anos 70, Gerry ([[Daniel Day-Lewis]]) é un moinante que nonon fai nada de proveito, para desgusto do seu pai Giuseppe ([[Pete Postlethwaite]]), un home tranquilo e apoucado. Cando Gerry é ameazado polo [[IRA]] por roubar en numerosas ocasións, o seu pai mándao a Inglaterra. Unha vez alí, é acusado de participar nun atentado terrorista e condenado a cadea perpetua xunto cos "catro de Guildford". Tamén o seu pai é arrestado e encarcerado. En prisión, Gerry descobre que a aparente fraxilidade do seu pai agocha en realidade unha gran forza interior. Coa axuda dunha avogada entregada á súa causa ([[Emma Thompson]]), Gerry proponse demostrar a súa inocencia, limpar o nome do seu pai e facer pública a verdade sobre un dos máis escandalosos erros legais da historia recente do Reino Unido.
 
== Personaxes ==