Axuda:Rexistro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 44:
O primeiro é asegurarse de que o teu [[Navegador web|navegador]] acepta ''[[cookie]]s''. Algúns navegadores poden aceptar ou rexeitar ''cookies'' dalgúns sitios en concreto; estes usuarios deben configurar o navegador para aceptar as ''cookies'' de cada wiki onde teñan pensado editar, como ''wikipedia.org''.
 
Para acceder ao sistema como usuario preme sobre a ligazón "'''[[Especial:Rexistro|{{MediaWiki:Login}}|Acceder ao sistema]]'''" que hai no recuncho superior dereito da páxina. Chegarás ata un formulario onde só terás que escribir o teu nome de usuario e o teu contrasinal, ambos elixidos durante o proceso de creación da túa conta, e rematar dándolle ao botón "'''{{MediaWiki:Login}}'''".
 
A caixa "''{{MediaWiki:Userlogin-remembermypassword}}''" é útil para non ter que dar o contrasinal cada vez que accedas a un wiki [[MediaWiki]] desde o mesmo ordenador. Non obstante, esta característica só funciona se o teu contrasinal non foi xerado polo software de MediaWiki. Ten en conta tamén que as ''cookies'' co teu nome de usuario e contrasinal caducan aos 30 días do acceso, a menos que saias do sistema manualmente.