Leyma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: arranxos da lingua
→‎Historia: arranxos da lingua
Liña 32:
En [[1993]] créase o [[Grupo Lácteo Gallego]], que adquire os activos de [[Leite Xallas]], que era a terceira cooperativa láctea de industrialización en importancia en [[Galiza]], e acádase un acordo con [[Cooperativas Lácteas de Galicia]] (COLAGA), en virtude do cal COLAGA pasa a ser propietaria do 50 % do grupo.
 
En [[1994]], a [[Corporación Agroalimentaria Gallega]] acada un acordo con Central Lechera Asturiana ([[CLAS]]), polode xeito que esta recompra o 20% das accións de Leyma. En [[1995]], o Grupo Lácteo Gallego adquírelle a [[Tabacalera]] o 100% de [[Lactaria Española]] (LESA), comercializadora da marca [[RAM (empresa)|RAM]], comezando os problemas, ao adquirir débedas superiores aos 12.000 millóns de pesetas.
 
En abril de [[1999]], o grupo granadino [[PULEVA]] conmocionou o sector lácteo galego ao anunciar a compra de Leyma-RAM. Esta compra rompía as expectativas para crear o chamado gran ''grupo lácteo galego'', que contaba co visto e prace do presidente da [[Xunta]], [[Manuel Fraga]], e que consistía en que [[Caixa Galicia]] e [[Leite Celta]] se aliaran para facerse con Leyma-RAM e logo ofrecer participacións a [[Leite Río]] e a [[Feiraco]].