Lev Tolstoi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 53:
 
O ano [[1862]] iniciou a publicación da revista pedagóxica ''Iásnaia Poliana''. O carácter progresista das opinións de Tolstoi sobre a educación pasou desapercibido e, debido ós seus ataques aos sistemas occidentais [[progresistas]] de educación (que consideraba unha maneira de asegurar a explotación dos menos favorecidos polas clases acomodadas) algúns mesmo o cualificaron de [[conservador]].
 
=== Florecemento creativo ===
[[Ficheiro:L.N.Tolstoy Prokudin-Gorsky.jpg|miniatura|dereita|200px|Fotografía tomada en [[1908]] por [[Sergei Mikhailovich Prokudin-Gorskii]].]]
 
Nos primeiros 10 ou 12 anos despois da voda Tolstoi escribiu “A guerra e a paz” ([[Boiná i mir]]) e “Anna Karenina”. Na fronteira desta segunda época creativa figura “Os cosacos”, acabada entre os anos [[1861]] e [[1862]] pero pensada xa en [[1852]], que se considera a primeira obra na que o escritor demostra xa todo o seu potencial. Nela o escritor amosa as diferenzas e contradicións entre o home “cultivado” e as xentes máis “salvaxes” e próximas á natureza.
 
O capítulo inicial de “A guerra e a paz”, recoñecida como a novela épica modélica da literatura europea, apareceu no xornal ''Ruskom vestnike'' en [[1865]], en [[1868]] apareceron tres das súas partes e axiña as dúas que a completaban. Nela amósase un fresco inmenso da vida rusa da época de [[Alexandre I de Rusia|Alexandre I]] polo que transitan centos de personaxes de tódalas capas sociais.
“Anna Karenina”, escrita entre os anos [[1873]] e [[1876]] é xa unha novela máis sombría. O romance de Levin e Kitti que aparece na obra ten moita carga autobiográfica e o amor infeliz de Anna Kariénina e Vronski anuncian xa un cambio vital de Tolstói e o inicio da terceira época da súa produción literaria. A novela foi admirada pola técnica narrativa, pero poucos presentiron o seu sentido profundo. As inquedanzas espirituais de Levin revelaban o inicio da crise espiritual do escritor e a fin da súa felicidade conxugal e familiar. Tolstoi escribiu deses anos ”''Eu, un home afortunado, agachei os cinto, para non me colgar nun cango do meu cuarto, onde me quedaba só cando me espía; deixei de ir de caza coa escopeta porque non quería ter a posibilidade de me tirar a vida. Non sabía que quería. Tíñalle medo á vida, loitaba por afastarme dela, e, a un tempo, tiña nela moitas esperanzas''”. O escritor describiu o seu proceso de “conversión” na obra “Confesións”.
 
=== Procuras relixiosas ===
Tolstoi consideraba as súas pescudas relixiosas como o máis importante da súa obra. O ano [[1871]] enviou unha carta ao poeta ruso [[Aleksandr Fet]] na que lle aseguraba que nunca máis ía escribir unha obra do estilo de “A guerra e a paz”. En [[1908]] lamentábase no seu diario de que “a xente quéreme por esas parvadas d' ”A guerra e paz” etc. que lles parecen moi importantes”, e en resposta a un admirador, que o felicitara pola mesma obra dixo “é como se a Edison o admirasen porque baila moi ben a mazurka”.
Tolstoi empezou a traballar febrilmente no campo relixioso e editou en [[1891]] en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] “Pescudas na teoloxía dogmática” no que criticaba aspectos do cristianismo ortodoxo. Comezou a manter debates con monxes e relixiosos, a ler tratados teolóxicos a estudar o grego e o hebreo antigos (este coa axuda do rabino moscovita [[Shlomo Minor]]). Relacionouse tamén con membros das correntes cismáticas da [[igrexa ortodoxa]] e con Siutaev, campesiño fundador dunha seita relixiosa. Coa mesma paixón estudou filosofía e ciencias exactas e intentou levar unha vida o máis acorde posible coa natureza, afastándose das comodidades da súa vida anterior, vestíndose con roupas simples, entregando á familia as súas propiedades e facéndose vexetariano. Malia as súas posturas relixiosas e o seu apoio ás doutrinas de desobediencia civil de [[Thoureau]], o goberno non se atreveu a molestar o escritor, temeroso da mala publicidade que lle podía supor no estranxeiro. Ata [[1901]] non foi oficialmente excomungado polo sínodo da igrexa ortodoxa rusa.
 
Segundo medraba a súa reputación foron aparecendo en Rusia algunhas comunidades que buscaban poñer en práctica as súas doutrinas. Iásnaia Poliana converteuse no punto de destino de peregrinos que querían ver o gran home. A familia, coa excepción da filla máis nova, era contraria ás opinións de Tolstoi. A súa muller foi a opositora máis decidida. Rexeitou a idea do seu home de desfacerse das súas posesións e Tolstoi viuse obrigado a cederlle tódalas propiedades e os dereitos da súa obra anterior.
 
=== Os últimos anos ===
Despois da súa “conversión” Tolstoi seguiu a escribir sen descanso. En palabras de [[Vladimir Nabokov]] xa só lle interesaban dous temas: a vida e a morte. Desta época son ''Hadzhi Murat'', ''Kholstomer'', "A morte de Iván Ilich" e "Canta terra lle fai falta a un home?"
 
Tolstoi conservou a boa saúde case ata o final, mais en [[1901]] ficou enfermo e tivo que marchar para [[Crimea]] onde viviu unha longa tempada. Cada vez máis oprimido polas contradicións entre a vida que levaba e a súa predicación do comunismo das posesións, e aborrecido coa súa familia deixou finalmente Iásnaia Poliana con destino descoñecido e acompañado pola súa filla Alexandra a o seu doutor. Tras uns días de indecisión, dirixiuse ó convento do que súa irmá era superiora. O [[20 de novembro]] de [[1910]] faleceu de [[pneumonía]]<ref>''Leo Tolstoy''. EJ Simmons – 1946 – Little, Brown and Company</ref> durante unha parada no camiño, na estación de tren de Astápovo.<ref>''The last days of Tolstoy''. VG Chertkov. 1922. Heinemann</ref><ref>{{cita web|url=http://www.lrb.co.uk/v32/n14/james-meek/some-wild-creature|título=James Meek reviews ‘The Death of Tolstoy’ by William Nickell, ‘The Diaries of Sofia Tolstoy’ translated by Cathy Porter, ‘A Confession’ by Leo Tolstoy, translated by Anthony Briggs and ‘Anniversary Essays on Tolstoy’ by Donna Tussing Orwin · LRB 22 July 2010|editor=London Review of Books}}</ref> Nunha contradición máis, xornalistas de todo o mundo rodeaban a estación na que el pensaba morrer inadvertidamente. Foi enterrado nun bosque a 500 metros de Iásnaia Poliana. O funeral asistiron miles de campesiños.
 
=== Vida familiar ===
Liña 118 ⟶ 138:
|31= 31. Condesa Prascovia Ivanovna Tolstoi
}}</center>
 
== Florecemento creativo ==

== Procuras relixiosas ==

== Obras ==