Lev Tolstoi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 76:
Despois da súa “conversión” Tolstoi seguiu a escribir sen descanso. En palabras de [[Vladimir Nabokov]] xa só lle interesaban dous temas: a vida e a morte. Desta época son ''Hadzhi Murat'', ''Kholstomer'', "A morte de Iván Ilich" e "Canta terra lle fai falta a un home?"
 
Tolstoi conservou a boa saúde case ata o final, mais en [[1901]] ficou enfermo e tivo que marchar para [[Crimea]] onde viviu unha longa tempada. Cada vez máis oprimido polas contradicións entre a vida que levaba e a súa predicación do comunismo das posesións, e aborrecido coa súa familia deixou finalmente Iásnaia Poliana con destino descoñecido e acompañado pola súa filla Alexandra a o seu doutor. Tras uns días de indecisión, dirixiuse ó convento do que súa irmá era superiora. O [[20 de novembro]] de [[1910]] faleceu, nunha parada no camiño, na estación de tren de Astápovo.<ref>''The last days of Tolstoy''. VG Chertkov. 1922. Heinemann</ref> Nunha contradición máis, xornalistas de todo o mundo rodeaban a estación na que el pensaba morrer inadvertidamente. Foi enterrado nun bosque a 500 metros de Iásnaia Poliana. O funeral asistiron miles de campesiños.
 
== Obras ==