Lev Tolstoi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 46:
 
=== Viaxes por Europa ===
De [[1856]] a [[1861]], o escritor viviu entre [[San Petersburgo]], [[Moscova]], Iásnaia Poliana e diversos países europeos. En San Petersburgo levou a vida dun membro da alta sociedade e relacionouse estreitamente con [[Turgiénev]]. Entre as súas amizades da época cóntanse tamén Nekrasov, Goncharov, [[Panaiev]] e [[Sologub]]. De acordo coa [[biografía]] de Levenfeld "despois dos “Contos de Sebastópol” a vida era dobremente atractiva para un home novo, rico, amante da vida e das relacións. Pasaba os días e ata as noites entre cartas, bebida e esmorgas con [[xitanos]]". Unha vez máis deixáronse sentir as súas contradicións internas, que afectaron especialmente ás relacións co círculo de amigos escritores. Tolstoi negábase a aceptar que actividade literaria tivese algo de especialmente elevado ou que puidese liberar o home da obrigación de buscar a propia realización. Cada vez máis alleo ós ambientes nos que se movía, en [[1857]] partiu para o estranxeiro. En 1857 e nos anos 1860-61 visitou [[Francia]], [[Alemaña]], [[Inglaterra]], [[Suíza]] e [[Italia]], países dos que recibiu unha impresión moi negativa, sobre todo polas inesperadas, para el, diferenzas sociais na [[Europa]] occidental da época. Esta impresión desfavorable é evidente no conto “[[Lucerna]]”. Nas súas estancias fóra de Rusia interesouse principalmente pola educación das clases baixas e as teorías sobre a eleveción do nivel de vida dos obreiros. Relacionouse co autor alemán [[Auerbach]] e coñeceu a [[Prudhom]]. Durante a segunda viaxe morreu de [[tuberculose]], no sur de Francia, seu irmán Nikolai, feito que lle causou unaunha importante crise persoal.
 
=== Experimentos pedagóxicos ===