Guerra civil inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q80330
m elimino a Categoría:Reino Unido mediante HotCat
Liña 1:
'''Guerra Civil Inglesa''' (ou '''Guerras''') é o termo co que se fai referencia á serie de conflitos armados e maquinaciones políticas que tiveron lugar entre os [[monarquía|monárquico]]s e os [[Parlamentarismo|parlamentarista]]s desde [[1642]] ata [[1651]], e particularmente á primeira ([[1642]]-[[1645]]) e á segunda ([[1648]]-[[1649]]) [[guerra civil|guerras civís]] entre os seguidores do rei [[Carlos I de Inglaterra]] e os que apoiaban ao Parlamento e a infrutuosa campaña emprendida por [[Carlos II de Inglaterra]], que concluíu coa súa derrota na [[Batalla de Worcester]] o [[3 de setembro]] de [[1651]].
O período da [[Historia de Inglaterra|historia]] de [[Inglaterra]] coñecido como '''Guerra Civil inglesa''' foi unha serie de conflitos armados e maquinacións políticas entre os parlamentarios e os realistas desde [[1642]] a [[1651]].
 
== Historia Introdución==
A Guerra Civil supuxo o xuízo e execución de [[Carlos I de Inglaterra]], o exilio do seu fillo [[Carlos II de Inglaterra]] e a substitución da monarquía inglesa pola [[Commonwealth de Inglaterra]] (1649-1653) e despois o Protectorado (1653 - 1659), o goberno persoal de [[Oliver Cromwell]]. Supuxo a fin do monopolio da [[Igrexa de Inglaterra]] e a consolidación da supremacía política en Irlanda. Constitucionalmente a guerra estableceu o primeiro precedente que os monarcas ingleses non poderían gobernar sen o Parlamento que se estableceu definitivamente coa [[Revolución de 1688]].
 
As guerras están inextricablemente mesturadas e forman parte dunha serie de conflitos e guerras civís entre [[1639]] e [[1651]] nos reinos de [[Inglaterra]], [[Escocia]] e [[Irlanda]], que naquela época compartían un monarca pero eran distintos países en canto á súa organización política. Estes conflitos entrelazados foron chamados as '''[[Guerras dos tres reinos]]''' por recentes historiadores que queren ter unha visión xeral unificada máis que tratar partes doutros conflitos como pano de fondo da ''guerra civil inglesa''. Algúns tamén as describen como "guerras civís británicas", pero isto pode levar a erro posto que os reinos non foron unha mesma entidade política ata o [[Acta de Unión (1800)|Acta de Unión de 1800]].
En Inglaterra a importancia da [[burguesía]] desde fins do século XVI ía en aumento e cada vez toleraba menos o monopolio político e os privilexios da aristocracia ademais a monarquía absoluta inglesa non tiña a fortaleza que tiña noutros países europeos xa que o Parlamento, formado pola nobreza, o clero e os burgueses, aínda que controlado polo rei seguía a reunirse de forma periódica e tendía a limitar os poderes do monarca. Relixiosamente Inglaterra estaba dividida en dúas confesións protestantes, por un lado a oficial era a Igrexa de Inglaterra que tiña como cabeza ao rei pero entre a burguesía e a pequena nobreza dominaban as igrexas puritanas de orixe calvinista.
 
As guerras levaron ao xuízo e execución de Carlos I, o exilio do seu fillo Carlos II, e a substitución da monarquía inglesa pola [[Commonwealth de Inglaterra]] ([[1649]]–[[1653]]) e logo un [[protectorado]] ([[1653]]–[[1659]]) baixo o goberno persoal de [[Oliver Cromwell]]. O monopolio da [[Igrexa de Inglaterra]] sobre a relixión cristiá en Inglaterra acaba, e unha nova aristocracia protestante estableceuse en Irlanda. Sentou un precedente respecto ao goberno dun rei, que non pode mandar sen consentimento do Parlamento e do seu pobo.
O conflito estoupou en 1642 ao esixirlle o Parlamento ao rei Carlos I que recoñecera a súa supremacía sobre as decisións reais. O rei fronte a ese pedimento marchou de Londres e formou un exército para dobregar ao Parlamento, ese foi o comezo da guerra civil.
 
A diferenza doutras guerras civís en Inglaterra, que se referían a quen mandaba o país, esta tamén era unha disputa sobre como debe gobernarse o país, tamén se refire como a '''Revolución inglesa''' e (especialmente en círculos [[realista]]s no tempo) como a '''Gran Rebelión'''.
[[Categoría:Historia en progreso]]
[[Categoría:Historia de Inglaterra]]
 
==Primeira Guerra Civil (1642 -1649)==
[[eo:Angla Enlanda Milito]]
[[Ficheiro:English civil war map 1642 to 1645.JPG|miniatura|dereita|As posicións realistas están en vermello e as parlamentarias, en amarelo (1642-1645)]]
[[es:Revolución Inglesa]]
 
A primeira guerra civil inglesa ([[1642]] a [[1645]]) é o primeiro episodio da [[primeira revolución inglesa]]. Comprende unha serie de conflitos entre as forzas dos [[Parlamentarios]] e os [[Realistas]]. Os outros dous episodios son a [[Segunda guerra civil inglesa]] ([[1648]]-[[1649]]) e a [[Terceira guerra civil inglesa]] (1649-[[1651]]).
 
O enfrontamento entre o poder parlamentario e o poder real saldouse a favor do primeiro, moderando o rei a súa política absolutista e véndose controlado polo Parlamento. Foi entón cando este aprobou numerosas leis anti-absolutistas. Por exemplo, eliminouse o Corte da Cámara da Estrela, retirouse o poder ao rei de disolver o parlamento e condenouse a morte a William Laud, arcebispo de [[Canterbury]] e ao conde de Strafford, gran aliado do rei.
 
A guerra civil dividiu ás familias, mentres os estratos baixos reaccionaron con apatía. Foi unha guerra de asedios e escaramuzas e non de grandes batallas. O Parlamento contaba con vantaxe a longo prazo ao dispor dos recursos humanos e económicos de Londres e da axuda de 20.000 escoceses. Por iso procuraron esgotar aos realistas, cuxo principal xeneral foi o príncipe [[Ruperto]], sobriño de Carlos.
 
Foron batallas destacadas neste conflito:
* [[Batalla de Edgehill]]
* [[Batalla de Adwalton Moor]]
* [[Batalla de Marston Moor]]
* [[Batalla de Naseby]]
 
[[Oliver Cromwell]], volvera ao Parlamento tras o seu retiro en [[1629]]. Cando estalou a guerra civil en [[1642]], reuniu un rexemento de cabalería, os ''ironsides'' ou "costelas de ferro", para combater en favor da causa parlamentaria. Con este continxente logrou un gran prestixio como militar durante a primeira fase da guerra.
 
O [[25 de outubro]] de [[1642]] tivo lugar a inconclusa batalla de [[Edgehill]]. Carlos tivo oportunidade de tomar Londres pero retirouse incomprensibelmente. Na primavera de [[1643]] os realistas gozaron de varias vitorias, pero esgotada a munición, Carlos retrocedeu. O inverno trouxo consigo un estancamento.
 
Antes da súa morte a finais de 1643, o líder do Parlamento. [[Pym]], asinou a [[Solemne Liga e Alianza]], pola que os escoceses colaboraron con 20.000 homes a cambio dunha reforma relixiosa en Escocia acorde cos principios [[presbiteriano|presbiterianos]].
 
En xullo de [[1644]], tivo lugar a maior batalla da guerra en [[Batalla de Marston Moor|Marston Moor]], con vitoria dos parlamentaristas, quen ocuparon despois [[York]] e aseguraron o control do norte. As disputas entre os xenerais parlamentaristas impediron rematar entón a guerra. En setembro, os realistas tomaron [[Cornualles]]. Tras a [[batalla de Newbury]], os dous exércitos quedaron exhaustos.
 
Para resolver as loitas internas entre os xenerais parlamentaristas, ditouse a [[Ordenanza Autoexcluyente]], pola que os membros do Parlamento non podían exercer autoridade militar. Só [[Oliver Cromwell]] quedou exento. As tropas foron reunidas no [[Novo Exército Modelo]], mandado por Sir [[Thomas Fairfax]]. Carlos viuse obrigado a retroceder cara ao norte, pero en xullo de [[1645]], na [[batalla de Naseby]], a vitoria realista desequilibrou definitivamente a guerra.
 
En [[1644]] e [[1645]] os católicos escoceses, axudados polos irlandeses, conseguiron espectaculares vitorias en Escocia, pero en setembro de 1645 foron esmagados pola Alianza.
 
==Segunda Guerra Civil (1648 - 1649)==
A segunda guerra civil inglesa ([[1648]] a [[1649]]) é o segundo episodio da [[primeira revolución inglesa]]. Consiste nunha serie de conflitos militares e políticos entre as forzas [[parlamentarias]] e os [[realistas]].
 
As disputas entre os partidarios do rei [[Carlos I de Inglaterra|Carlos I]] que se atopaba encarcerado polas forzas parlamentarias e os do "[[Parlamento longo]]" persistiron. Con todo os escasos apoios monárquicos entre os propios parlamentarios cesaron cando o rei escapou, aliouse cos escoceses e desencadeou de novo a guerra civil en [[1648]].
 
Entre abril-xuño de [[1648]] sucedéronse as sublevacións contra o Parlamento en Inglaterra, pero foron controladas polo Exército. Cromwell reprimiu unha rebelión en [[Gales]]. A principal batalla deste conflito foi a [[batalla de Preston]], no verán deste ano. Oliver Cromwell derrotou aos [[Escocia|escoceses]].
 
Un pequeno grupo do exército estaba convencido da imposibilidade de chegar a un acordo con Carlos I, pero o Parlamento era partidario de negociar. No mes de [[decembro]], autorizou a expulsión da oposición, deixando só a uns poucos membros que estaban de acordo coa designación dunha comisión que xulgase ao Rei por [[traizón]]. Este golpe militar instigado por Cromwell, organizado polo xeneral [[Ireton]] e levado a cabo polo coronel [[Thomas Pride]] purgou o Parlamento, de xeito que só quedaron algúns membros, no que se coñeceu como [[Parlamento Residual]] ou Rump.
 
Foi unha guerra [[cabaleiro|cabaleiresca]], na que Oliver Cromwell terminou vencendo, coa súa [[Batallón dos Santos]] (''Ironsides''), aos promonárquicos.
 
O fin do enfrontamento supuxo o enxuiciamiento por alta traizón do rei por un tribunal nomeado polo Rump. Foi [[Decapitación|decapitado]] o [[30 de xaneiro]] de [[1649]]. En consecuencia, proclamouse a única república na historia inglesa.
 
==Terceira Guerra Civil==
[[Ficheiro:Cromwell at Dunbar Andrew Carrick Gow.jpg|miniatura|275px|dereita|''Cromwell na [[batalla de Dunbar]]'' (1659)
por [[Andrew Carrick Gow]]]]
 
A ''terceira guerra civil inglesa'' ([[1649]] a [[1651]]) é a denominación que se dá aos enfrontamentos ocorridos en [[Irlanda]] e [[Escocia]] entre as forzas republicanas dirixidas por [[Oliver Cromwell|Cromwell]] con forzas realistas que apoiaron ao sucesor lexítimo [[Carlos II de Inglaterra]]. Os seus principais obxectivos eran lograr un goberno estable e tolerancia para todas as seitas [[Puritanismo|puritanas]]. Cromwell esmagou aos partidarios monárquicos en Irlanda e Escocia e controlou Inglaterra.
 
Os episodios principais en Irlanda foron:
* [[Sitio de Drogheda]]
* [[Sitio de Clonmel]]
* [[Sitio de Limerick]]
En canto a [[Escocia]], foi o escenario das seguintes batallas:
 
* [[Batalla de Dunbar]]
* [[Batalla de Inverkeithing]]
* [[Batalla de Worcester]]
* [[Sublevación de Penruddock]]
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Revolución inglesa]]
*[[Historia de Inglaterra]]
*[[Carlos I de Inglaterra]]
*[[Oliver Cromwell]]
 
===Ligazóns externas===
*[http://www.british-civil-wars.co.uk/ ''Guerras civís británicas, a Commonwealth e o protectorado 1638-60''] (en inglés), na que poden atoparse:
** [http://www.british-civil-wars.co.uk/timelines/civil-war-1.htm ''The First Civil War 1640-46'']
** [http://www.british-civil-wars.co.uk/timelines/civil-war-2.htm ''The Second Civil War 1647-49'']
** [http://www.british-civil-wars.co.uk/timelines/civil-war-3.htm ''The Third Civil War 1649-51'']
 
[[Categoría:Historia do Reino Unido]]
[[Categoría:Guerras]]
 
[[ang:Englisc Ingefeoht]]
[[bg:Английска революция]]
[[bs:Engleski Građanski Rat]]
[[ca:Guerra Civil Anglesa]]
[[cs:Anglická občanská válka]]
[[da:Engelske borgerkrig]]
[[de:Englischer Bürgerkrieg]]
[[en:English Civil War]]
[[eo:Angla enlanda milito]]
[[eu:Ingeles Iraultza]]
[[fi:Englannin sisällissota]]
[[fr:Première révolution anglaise]]
[[he:מלחמת האזרחים האנגלית]]
[[hr:Engleski građanski rat]]
[[ja:清教徒革命]]
[[la:Civile Bellum Anglicum]]
[[nds:Ingelsche Börgerorlog]]
[[lb:Englesch Revolutioun]]
[[nds:Ingelsche Börgerkrieg]]
[[nl:Engelse Burgeroorlog]]
[[nn:Den engelske borgarkrigen]]
[[no:Den engelske borgerkrigen]]
[[pl:Rewolucja angielska]]
[[ru:Английская революция XVII века]]
[[pt:Guerra civil inglesa]]
[[ru:Английская революция]]
[[simple:English Civil War]]
[[sl:Angleška državljanska vojna]]
[[sr:Енглески грађански рат]]
[[sv:Engelska inbördeskriget]]
[[uk:Англійська Громадянська війна]]
[[zh:英國內戰]]