Arte da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 197.235.108.147 (conversa); cambiado á última versión feita por Victortpr
Liña 24:
== Vestixios ==
A arte antiga grega perdurou na forma de esculturas e arquitectura; tamén en artes menores como o deseño de moedas, o gravado de [[olaría]] e [[Xema (mineraloxía)|xemas]].
 
=== Pintura ===
Os gregos, como a maioría das culturas [[europa|europeas]], consideraban a pintura como unha das formas máis altas de arte. As obras de [[Polignoto]] de [[Thasos]], que traballou no século V a. C., seguían sendo admiradas mesmo 600 anos despois da súa morte, como despois aconteceu coas de [[Leonardo da Vinci]] ou [[Michelangelo]], non obstante neste caso non só non se conservaron ningunha das súas obras senón tampouco ningunha reprodución.
 
Os pintores gregos traballaron xeralmente sobre paneis de madeira, que se estragaban rapidamente (a partir do século IV a. C.), cando non eran ben protexidas. Hoxe en día non queda case ningunha peza de pintura grega, agás algúns restos de pinturas en terracota e dalgunhas pinturas nas paredes de tumbas, sobre todo en Macedonia e Italia. Das obras mestras da pintura grega temos soamente algunhas copias realizadas nas épocas romanas, a maioría delas son dunha calidade inferior.
 
=== Arquitectura ===