Dereitos humanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
Os '''dereitos humanos''' son aquelas [[liberdade]]s e [[dereito]]s básicos que, de acordo con diversas filosofías ou fundamentacións, toda [[persoa]] posúe polo mero feito da súa [[ser humano|condición humana]] a garantía dunha vida digna; independentemente de cal sexa o [[Dereito positivo]] vixente e de factores particulares como o seu status, [[etnia]] ou [[nacionalidade]]. Dende un punto de vista máis relacional, definíronse como as condicións que permiten crear unha relación integrada entre a [[persoa]] e a [[sociedade]], que permita aos individuos ser persoas, identificándose consigo mesmos e cos outros <ref> Héctor Morales Gil de la Torre, ''Introducción: notas sobre la transición en México y los derechos humanos'', Obra: '''Derechos humanos: dignidad y conflicto''', ([[1996]]), México: Universidad Interamericana, ISBN 968-859-248-X, p. 19 </ref>.
 
Estes dereitos, habitualmente, defínense PEDOFILOS VIOLA MATEOS como inherentes á persoa, irrevogables e inalienables, o que implica que non poden transmitirse, transferirse ou renunciar a eles: ninguén, por exemplo, pode venderse como [[escravitude|escravo]]. Por definición, este concepto de dereitos humanos é universal e [[igualdade|igualitario]], e incompatible cos sistemas baseados na superioridade dunha casta, [[raza]], pobo, grupo ou [[clase social]] determinado <ref> Thierry, Sur, Combacau, Valée; ''Droit International Public'', ([[1986]]), Paris: Montchrestien, ISBN 2-7076-0334-1 </ref>.
 
Non obstante, toda decisión sobre que dereitos son humanos implica asumir unha posición respecto a que é [[Dereito]] e, implícita ou explicitamente, sobre qué é o [[humano]]. Moitas violacións ou limitacións de dereitos humanos derívanse de concepcións restritivas e excluíntes da ''Humanidade''<ref>Helio Gallardo afirma que "se exterioriza ou proxecta un modelo de comportamento humano; se designa á proxección resultante como Humanidade constitutiva, e se xulga (e condena) a quen non encaixan nesa representación/valor como non humanos ou antihumanos". (Gallardo, Helio; ''Política y transformación social. Discusión sobre derechos humanos'', ([[2000]]), Quito: SERPAJ/Editorial Tierra Nueva, ISBN 9978-41-198-4, p. 40 </ref>.
Liña 11:
 
== Orixe cultural ==
Existe un importante debate sobre a orixe cultural dos dereitos humanos. Xeralmente considérase que teñen a súa raíz na cultura occidental moderna, pero existen polo menos dúas posturas principais máis <ref> David Sánchez Rubio, ''Repensar derechos humanos. De la anestesia a la sinestesia'', ([[2007]]), Sevilla: Editorial MAD, ISBN 84-665-7152-3, p. 102 </ref>. Algúns afirman que tódalas [[cultura]]s posúen visións de [[dignidade]] que se plasman na forma de dereitos humanos, e fan referencia a proclamacións como a [[Carta de Mandén]], de [[1222]], declaración fundacional do [[Imperio de Malí]]. Non obstante, nin en [[lingua xaponesa|xaponés]]<ref> Ryosuke Inagaki, ''El concepto de derechos humanos en Japón''. Obra = '''Los fundamentos filosóficos de los derechos humanos''', ([[1985]]), Barcelona: Serbal/UNESCO, ISBN 84-7628-003-3, p. 214 </ref> nin en [[sánscrito]] clásico <ref> R. C. Pandeya, ''Fundamentos filosóficos de los derechos humanos. Perspectiva hindú'', Obra: '''Los fundamentos filosóficos de los derechos humanos''', ([[1985]]), Barcelona: Serbal/UNESCO, ISBN 84-7628-003-3, p. 295 </ref>, por exemplo, existiu o término ''dereito'' ata que se produciron contactos coa cultura occidental, xa que estas culturas puxeron tradicionalmente o acento nos [[deber]]es. Existe tamén quen considera que Occidente non creou a idea nin o concepto de dereitos humanos, aínda que si un xeito concreto de sistematizalos, unha discusión progresiva e o proxecto dunha filosofía dos dereitos humanos <ref> Paulin J. Hountondji, ''El discurso del amo: observaciones sobre el problema de los derechos humanos en África'', Obra: '''Los fundamentos filosóficos de los derechos humanos''', ([[1985]]), Barcelona: Serbal/UNESCO, ISBN 84-7628-003-3, p. 357 </ref>.
 
As teorías que defenden o universalismo dos dereitos humanos adóitanse contrapoñer ao relativismo cultural, que afirma a validez de tódolos sistemas culturais e a imposibilidade de calquera valoración absoluta desde un marco externo, que neste caso serían os dereitos humanos universais. Entre estas dúas posturas extremas sitúase unha ampla gama de posicións intermedias. Moitas declaracións de dereitos humanos emitidas por organizacións internacionais rexionais poñen un acento maior ou menor no aspecto cultural e dan máis importancia a determinados dereitos de acordo coa súa traxectoria histórica. A [[Organización para a Unidade Africana]], por exemplo, proclamou en [[1981]] a [[Carta Africana de Dereitos Humanos e dos Pobos]], que recollía principios da [[Declaración Universal de Dereitos Humanos|Declaración Universal de 1948]] e engadía outros que tradicionalmente se negaran en [[África]], como o [[dereito de libre determinación]] ou o deber dos [[Estado]]s de eliminar tódalas formas de explotación económica estranxeira. Máis tarde, os Estados africanos que acordaron a [[Declaración de Túnez]], o [[6 de novembro]] de [[1992]], afirmaron que non se pode prescribir un modelo determinado a nivel universal, xa que non se poden desatender as realidades históricas e culturais de cada nación e as tradicións, normas e valores de cada pobo <ref> Carrillo-Salcedo, Juan Antonio; ''Dignidad frente a barbarie. La Declaración Universal de Derechos Humanos, cincuenta años después'', ([[1999]]), Madrid: Editorial Trotta, ISBN 978-84-8164-290-2, p. 116 </ref>. Nunha liña similar pronúncianse a [[Declaración de Bangkok]], emitida por países asiáticos o [[23 de abril]] de [[1993]], e na [[Declaración do Cairo sobre dereitos humanos no Islam|Declaración do Cairo]], asinada pola [[Organización da Conferencia Islámica]] o [[5 de agosto]] de [[1990]].
 
Tamén a visión occidental-[[capitalismo|capitalista]] dos dereitos humanos, centrada nos dereitos civís e políticos, opúxose a miúdo durante a [[Guerra Fría]], destacablemente no seo de [[Nacións Unidas]], á do bloque [[socialismo|socialista]], que privilexiaba os dereitos económicos, sociais e culturais e a satisfacción das necesidades elementais.
 
== Evolución histórica ==
Moitos [[Filosofía do Dereito|filósofos do dereito]] e [[Historia do Dereito|historiadores do Dereito]] consideran que non se pode falar de dereitos humanos ata a [[época moderna]] en Occidente. Ata ese momento, as normas da comunidade, concibidas en relación co [[Universo|orde cósmico]], non deixaban espazo para o ser humano como suxeito singular <ref>Documentos de Amnistía Internacional baseados nun texto de Leonardo Aravena, ''Una larga marcha hacia los derechos humanos'', [[1998]] [https://archive.is/20120801233622/www.es.amnesty.org/camps/camp50/decla.htm] </ref>, concibíndose o dereito primariamente como a orde obxectiva da sociedade. A [[sociedade estamental]] ten o seu centro en grupos como a familia, a liñaxe ou as corporacións profesionais ou laborais <ref> Molas, Pere, ''La estrutura social de la Edad Moderna europea'', Obra: '''Manual de Historia Moderna''', [[1993]], Barcelona: Ariel, ISBN 84-344-6572-8, p. 72 </ref>, o que ven significar que non se conciben facultades propias do ser humano como tal. Pola contra, enténdese que toda facultade atribuíble ao individuo deriva dun dobre ''status'': o do suxeito no seo da familia e o de esta na sociedade. Fóra do ''status'' non hai dereitos <ref> Clavero, Bartolomé, ''Derecho indígena y cultura constitucional en América'', [[1994]],México: siglo veintiuno editores, ISBN 968-23-1946-3, pp. 8 e 12 </ref>.
 
A existencia dos [[dereito subxectivo|dereitos subxectivos]], tal e como se pensan na actualidade, foi obxecto de debate durante os [[século XVI|séculos XVI]], [[século XVII|XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] <ref> Pérez Marcos, Regina María, [[2000]], ''Derechos humanos e Inquisición, ¿conceptos contrapuestos?'', Revista de la Inquisición, número 9, páginas= 181-190, ISSN 1131-5571, [http://www.ucm.es/BUCM/revistas/der/11315571/articulos/RVIN0000110181A.PDF] </ref>, o que é relevante porque adóitase dicir que os dereitos humanos son produto da afirmación progresiva da individualidade <ref> Pérez Luño, Antonio Enrique, ''Derechos humanos, Estado de Derecho y Constitución'', [[2005]], Madrid: Tecnos, ISBN 84-309-4284-X, p. 25 </ref> e que, de acordo con iso, a idea de dereitos do home apareceu por primeira vez durante a loita [[burguesía|burguesa]] contra o sistema do [[Antigo Réxime]]<ref> Ketchekian, S. F. ''Origen y evolución de los derechos del hombre en la Historia de las ideas políticas'' ([[1965]]). Revista RICS, Nº 5 </ref>. Sendo esta a consideración máis estendida, outros autores consideran que os dereitos humanos son unha constante na Historia e afunden as súas raíces no [[Antigüidade clásica|mundo clásico]] e tamén que a súa orixe atópase na afirmación do [[cristianismo]] da [[dignidade]] moral do home en tanto que é persoa <ref> Pérez Luño, Antonio Enrique. ''Derechos humanos, Estado de Derecho y Constitución'', ([[2005]]),Madrid, Editorial Tecnos, ISBN 84-309-4284-X, páx. 25 </ref>.
 
=== Antecedentes remotos ===
[[Ficheiro:Cyrus Cylinder.jpg|dereita|miniatura|325px|Do [[Cilindro de Ciro]] pénsase que é a primeira declaración de dereitos humanos.]]
Un dos documentos máis antigos que se relacionou cos dereitos humanos é o [[Cilindro de Ciro]], que contén unha declaración do rei [[Persia|persa]] [[Ciro o Grande]] tras a súa conquista de [[Babilonia]] no ano [[-539|539 a.C.]]. Foi descuberto en [[1879]] e a [[ONU]] traduciuno en [[1971]] a todos os seus idiomas oficiais. Pode enmarcarse nunha tradición [[Mesopotamia|mesopotámica]] centrada na figura do rei xusto, cuxo primeiro exemplo coñecido é o rei [[Urukagina]], de [[Lagash]], que reinou durante o [[século -XXIV|século XXIV adC]], e onde cabe destacar tamén [[Hammurabi]] de Babilonia e o seu famoso [[Código de Hammurabi|Código]], que data do [[século -XVIII|século XVIII adC]]. Porén o Cilindro de Ciro presenta características novas, especialmente no relativo á relixión. Foi valorado positivamente polo seu sentido humanista e incluso foi descrito como a primeira declaración de dereitos humanos <ref> Abbas Milani, ''Lost Wisdom: Rethinking Persian Modernity in Iran'', ([[2004]]), Mage Publishers, ISBN 0-934211-90-6, p. 12 </ref>. Numerosos historiadores, non obstante, consideran o termo alleo a ese contexto histórico.
 
Documentos moi posteriores, como a [[Carta Magna]] [[Inglaterra|inglesa]], de [[1215]], e a [[mandinga]] [[Carta de Mandén]], de [[1222]], asociáronse tamén aos dereitos humanos. En contra desta idea, [[José Ramón Narváez Hernández]] afirma que a Carta Magna non pode considerarse unha declaración de dereitos humanos, xa que nesta época existen dereitos pero só entre iguais, e non con carácter universal <ref> Narváez Hernández, José Ramón; ''Apuntes para empezar a descifrar al destinatario de los derechos humanos'', ([[2005]]), Revista Telemática de Filosofía del Derecho, núm. 8, id: 1575-7382, p. 202 [http://www.filosofiayderecho.com/rtfd/numero8/8-8.pdf] </ref>: non se predica a igualdade formal de tódolos seres humanos. O mesmo sucedía no [[Imperio de Malí]], cuxa constitución oral, a [[Kouroukan Fouga]], reflicte como a poboación se estruturaba segundo a súa tribo de orixe. Estas consideracións son extrapolables a documentos como a ''Goldone Bulle'' de [[Andreas II]] en [[Hungría]] en [[1222]]; a ''Confirmatio fororum et libertartum'' de [[1283]] e o ''Privilexio da Unión'' de [[1287]], da [[Coroa de Aragón]] ambos; as ''Bayerische Freiheitsbriefe und Landesfreiheitserklärungen'' desde [[1311]] ou a ''Joyeuse Entrée'' de [[Ducado de Brabante|Brabante]] de [[1356]]. En todos estes casos, os dereitos e liberdades recoñecidos pertencen ao ámbito dos pactos entre o monarca e os estamentos do reino <ref> Pérez Royo, Javier; ''Curso de Derecho Constitucional'', ([[2005]]), Madrid: Marcial Pons, ISBN 84-9768-250-5, pp. 237 e 238 </ref>: non se trata, en suma, de dereitos humanos; senón de dereitos corporativos ou [[privilexio]]s.
 
==== Sociedade grecorromana ====
Liña 42:
Durante a [[Revolución inglesa]], a burguesía conseguiu satisfacer as súas esixencias de ter algunha clase de seguridade contra os abusos da coroa e limitou o poder dos reis sobre os seus súbditos. Proclamando a Lei de ''[[Habeas corpus]]'' en [[1679]], en [[1689]] o Parlamento impuxo a [[Guillerme III de Inglaterra]] no ''[[Bill of Rights]]'' unha serie de principios sobre os cales os monarcas non podían lexislar ou decidir. Pechouse así o paso á restauración da monarquía absoluta, que se baseaba na pretensión da coroa inglesa de que o seu dereito era de designio divino. A orixe divina da monarquía xa fora criticada por [[Francisco Suárez]], da Escola de Salamanca, na súa obra ''Defensio Fidei Catholicae adversus Anglicanae sectae errores'' de [[1613]].
 
Durante os [[século XVII|séculos XVII]] e [[século XVIII|XVIII]], diversos filósofos europeos desenvolveron o concepto de dereitos naturais. De entre eles cabe destacar a [[John Locke]]: aínda que él afirmou que, sendo os seres humanos creacións de [[Deus]], os dereitos naturais derivábanse da divindade, as súas ideas foron moi importantes para o desenvolvemento da noción moderna de dereitos. Os dereitos naturais, para Locke, non dependían da [[cidadanía]] nin das [[lei]]s dun Estado, nin estaban necesariamente limitadas a un grupo étnico, cultural ou relixioso en particular. A teoría do [[contrato social]], de acordo cos seus tres principais formuladores, o xa citado Locke, [[Thomas Hobbes]] e [[Jean-Jacques Rousseau]], baséase en que os dereitos do individuo son naturais e que, no [[estado de natureza]] (o primixenio), todos os homes son titulares de todos os dereitos <ref> Pérez Royo, Javier; ''Curso de Derecho Constitucional'', ([[2005]]), Madrid: Marcial Pons, ISBN 84-9768-250-5, p. 238 </ref>. Estas nocións se plasmaron nas declaracións de dereitos de finais do [[século XVIII]].
 
A causa directa do nacemento dos dereitos humanos, desde unha perspectiva [[Socioloxía|sociolóxica]], foi tamén un importante obxecto de debate. Por unha parte, [[Georg Jellinek]] defendeu que os dereitos humanos estaban directamente dirixidos a permitir o exercicio da liberdade relixiosa; por outra, [[Karl Marx]] afirmou que se deben á pretensión da burguesía de garantir o dereito de propiedade. [[Max Weber]], na súa obra ''[[La ética protestante y el espíritu del capitalismo]]'', afirma que existe unha conexión entre a ética individualista en que se basearon os dereitos humanos e o xurdimento do [[capitalismo]] moderno <ref> Pérez Luño, Antonio Enrique; ''Derechos humanos, Estado de Derecho y Constitución'', ([[2005]]), Madrid: Tecnos, ISBN 84-309-4284-X, p. 26 </ref>.
 
=== Positivación dos dereitos humanos ===
Liña 67:
Aínda que a maioría das doutrinas xurídicas distinguen varias xeracións de dereitos humanos, existen múltiples e diferentes clasificacións. Todas acostuman coincidir ao describir a primeira xeración, pero posteriormente ramifícanse e complícanse. Ademais, existen polo menos dúas concepcións desta visión xeracional. Para unha delas, son expresión dunha [[racionalidade]] que se realiza progresivamente no tempo; para outras, cada xeración de dereitos humanos é expresión dunha racionalidade diferente e pode entrar en conflito coas demais. Por outra parte, existen posicións que evitan pronunciarse acerca das categorías de dereitos humanos e máis ben tenden a enfocalos como un sistema unitario.
 
Cada nova xeración, que se clasifica cronoloxicamente en relación coas anteriores, foi obxecto de críticas. Si xa os dereitos da primeira xeración foron criticados, tamén sucedeu cos dereitos da segunda durante o [[século XX]], aínda que na actualidade a case totalidade dos xuristas os aceptan. Hoxe en día é obxecto de debate a existencia dunha terceira xeración de dereitos humanos. Normalmente inclúense nela dereitos heteroxéneos como o dereito á [[paz]], á [[calidade de vida]] ou ás garantías fronte á [[enxeñería xenética|manipulación xenética]]<ref> Pérez Luño, Antonio-Enrique; ''La tercera generación de Derechos Humanos'', [[2006]], Navarra: Aranzadi, ISBN 84-9767-640-8, pp. 32 y 33 </ref>, configurándose así como un marco que recolle as reivindicacións sociais máis recentes. Pero desde o punto de vista xurídico critícase a indeterminación desta categoría e a súa difícil garantía. A pesares destas obxeccións, existen teorías que falan de catro e incluso cinco xeracións de dereitos humanos <ref>Helio Gallardo, por exemplo, fai referencia a cinco en (''Nuevo Orden Internacional, derechos humanos y Estado de Derecho en América Latina'', [[2003]], Revista Crítica Jurídica, nº 22, páx. 260, nota nº6 [http://web.archive.org/web/20070929002704/http://www.unibrasil.com.br/publicacoes/critica/22/n.pdf]) </ref>.
 
=== Tres xeracións de dereitos humanos ===