Livio Andrónico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 5:
Da vida deste home —primeiro nome propio na historia da literatura romana— apenas temos datos seguros. Trátase probabelmente dun grego, nado sobre o -284 en Tarento e levado como prisioneiro de guerra, novo aínda [[-272]], a Roma, logo da caída da súa cidade natal. En Roma foi mestre dos fillos do seu señor, oficio que lle valeu a liberdade e a adopción do nome do seu patrón e protector, Lucio Livio, quizais o pai de [[Marco Livio Salinator]], vencedor de [[Asdrúbal Barca]] na [[Batalla do Metauro]] no [[-207]] Para celebrar esa vitoria, encargóuselle a composición dun himno en honra de [[Xuno]], para o que Livio usou a forma do partenio (do grego ''párthenoi''). En razón das datas de tales eventos, dátase xeralmente a súa morte uns anos despois, ca. o [[-204]].
== Obra ==
A pesar de que toda a súa obra está practicamente perdida - só se conserva ao redor dun centenar de versos dispersos -, Andrónico é citado polos autores latinos posteriores como o introductor en Roma de xéneros literarios gregos tan diversos como a poesía épica, a [[traxedia]], a [[comedia]] e mesmo a poesía lírica <ref>Así, [[Aulo GelioXelio]] XVII 21, 42 e XVIII 9, 5; [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]], Brutus 18, 71 ss., e [[Tito Livio]], [[Ab urbe condita libri|Ab urbe condita]] Vll 2, 8, e XXVII 37, 7.</ref>.
 
De acordo coa pasaxe citada de Cicerón, a actividade literaria de Livio Andrónico debeu de comezar no [[-240]]. Nesa data recibe o encargo de escribir polo menos unha comedia e unha traxedia que el mesmo se encarga de representar como actor con ocasión dos ''ludi romani'' celebrados tras a vitoria romana na [[Primeira Guerra Púnica]]. Este ensaio, que moi verosimilmente consistiría nunha tradución non exenta de orixinalidade de obras gregas, tivo éxito porque a partir desa data sucédense as adaptacións de temas e metros gregos á lingua do [[Lacio]]. Con esta técnica, cuxa dependencia dos modelos gregos é imposíbel precisar, foron xurdindo obras das que apenas coñecemos algo máis que o título. As traxedias ''Achilles'', ''Aegisthus'', ''Aiax'', ''Andromeda'', ''Danae'', ''Equos Troianus'', ''Hermiona'', ''Tereus'' e quizais ''Ino''. Edítanse como seus os fragmentos das comedias ''Gladiolus'', ''Ludius'', ''Virgo''.