Fotometría (astronomía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
A '''fotometría''' é a rama da [[astronomía]] que se dedica a medir o brillo dos diferentes [[astro]]s: [[estrela (astronomía)|estrelas]], [[planeta]]s, [[satélite natural|satélites]], [[asteroide]]s, [[cometa]]s etc.
 
LaA escala de brillos das estrelas foi establecida polo [[astrónomo]] [[Grecia|grego]] [[Hiparco de Nicea]], quen dividiu estes brillos en cinco graos ou [[magnitude astronómica|magnitudes]]. Máis tarde, coa introdución do [[telescopio]] por [[Galileo Galilei|Galileo]] en [[1609]], ampliouse a escala para incluír os astros telescópicos, invisíbeis para o ollo humano pola súa extrema debilidade.
 
Os astros máis brillantes (como o [[Sol]]) teñen magnitude negativa, mentres que os máis débiles téñena positiva, sendo esta tanto maior canto máis débiles son: o Sol ten magnitude -26,8, [[Sirio (estrela)|Sirio]] -1,5, a [[Estrela Polar]] 2,12, [[Urano (planeta)|Urano]] 5,8, [[Neptuno (planeta)|Neptuno]] 7,2 e [[Plutón (planeta anano)|Plutón]] 13,6. A das estrelas máis débiles que un telescopio profesional pode capturar é superior a 25.