Diferenzas entre revisións de «Livio Andrónico»

(arranxo)
Da vida deste home —primeiro nome propio na historia da literatura romana— apenas temos datos seguros. Trátase probabelmente dun grego, nado sobre o -284 en Tarento e levado como prisioneiro de guerra, novo aínda [[-272]], a Roma, logo da caída da súa cidade natal. En Roma foi mestre dos fillos do seu señor, oficio que lle valeu a liberdade e a adopción do nome do seu patrón e protector, Lucio Livio, quizais o pai de [[Marco Livio Salinator]], vencedor de [[Asdrúbal Barca]] na [[Batalla do Metauro]] no [[-207]] Para celebrar esa vitoria, encargóuselle a composición dun himno en honra de [[Xuno]], para o que Livio usou a forma do partenio (do grego ''párthenoi''). En razón das datas de tales eventos, dátase xeralmente a súa morte uns anos despois, ca. o [[-204]].
== Obra ==
A pesar de que toda a súa obra está practicamente perdida - só se conserva ao redor dun centenar de versos dispersos -, Andrónico é citado polos autores latinos posteriores como o introductor en Roma de xéneros literarios gregos tan diversos como a poesía épica, a [[traxedia]], a [[comedia]] e mesmo a poesía lírica. <ref>Así, Aulo Gelio XVII 21, 42 e XVIII 9, 5; [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]], Brutus 18, 71 ss., e [[Tito Livio]], [[Ab urbe condita libri|Ab urbe condita]] Vll 2, 8, e XXVII 37, 7.</ref>
 
De [[-240|a]]<nowiki/>cordoacordo coa pasaxe citada de Cicerón, a actividade literaria de Livio Andrónico debeu de comezar no [[-240]]. Nesa data recibe o encargo de escribir polo menos unha comedia e unha traxedia que el mesmo se encarga de representar como actor con ocasión dos ''ludi romani'' celebrados tras a vitoria romana na [[Primeira Guerra Púnica]]. Este ensaio, que moi verosimilmente consistiría nunha tradución non exenta de orixinalidade de obras gregas, tivo éxito porque a partir desa data sucédense as adaptacións de temas e metros gregos á lingua do [[Lacio]]. Con esta técnica, cuxa dependencia dos modelos gregos é imposíbel precisar, foron xurdindo obras das que apenas coñecemos algo máis que o título. As traxedias ''Achilles'', ''Aegisthus'', ''Aiax'', ''Andromeda'', ''Danae'', ''Equos Troianus'', ''Hermiona'', ''Tereus'' e quizais ''Ino''. Edítanse como seus os fragmentos das comedias ''Gladiolus'', ''Ludius'', ''Virgo''.
 
Posibelmente anterior a esta actividade foi a súa versión da Odisea homérica, texto sobre o que debeu xirar a súa actividade docente na escola. Dos apenas 50 versos que nos chegaron desta obra é posíbel concluír que:
* O poeta pretendeu romanizar a epopea. Divindades gregas identifícanse con deuses romanos: [[Hermes]] é [[Mercurio (deus)|Mercurio]]; [[Cronos|Crono]] é [[Saturno (deus)|Saturno]]; as [[Musa|musas]] identifícanse coas [[Camenas]].
A súa obra está na base de toda a épica romana e foi estudada na escola de xeración en xeración polo menos até finais do [[século -I]]. Da súa vixencia dannos fe homes desta época como Cicerón, na pasaxe citada do ''Brutus'', e [[Horacio]], nas Epístolas 11 1, 69. Livio Andronico ten un importante lugar na historia literaria de Roma como introductor da cultura grega e creador dunha institución, ''a escola.'' Gañou así unha decisiva influencia na vida e costumes culturais da cidade.
 
== Notas ==
{{listaref}}
53.373

edicións