Diferenzas entre revisións de «Livio Andrónico»

sen resumo de edición
(Creada como tradución da páxina "Livio Andrónico")
 
Sem resumo de edição
 
== Traxectoria ==
Da vida deste home —primeiro nome propio na historia da literatura romana— apenas temos datos seguros. Trátase probabelmente dun grego, nado ca. o -284 en Tarento e levado como prisioneiro de guerra, novo aínda -[[-272|272]], a Roma, logo da caída da súa cidade natal. En Roma foi mestre dos fillos do seu señor, oficio que lle v[[-207|a]]<nowiki/>leu a liberdade e a adopción do nome do seu patrón e protector, Lucio Livio, quizáquizais o pai de Marco Livio Salinator, vencedor de [[Asdrúbal Barca]] na Batalla do Metauro no [[-207]] Para celebrar esa vitoria, encargóuselle a composición dun himno en honra de Juno, para o que Livio usou a forma do partenio (do grego párthenoi). En r[[-204|a]]<nowiki/>zón das datas de tales eventos, dátase xeralmente a súa morte uns anos despois, ca. o [[-204|-204.]]
 
== Obra ==
A pesar de que toda a súa obra está practicamente perdida - só se conserva ao redor dun centenar de versos dispersos -, Andrónico é citado polos autores latinos posteriores como o introductor en Roma de xéneros literarios gregos tan diversos como a poesía épica, a [[traxedia]], a [[comedia]] e mesmo a poesía lírica. Así, Aulo Gelio XVII 21, 42 e XVIII 9, 5; [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]], Brutus 18, 71 ss., e [[Tito Livio]], [[Ab urbe condita libri|Ab urbe condita]] Vll 2, 8, e XXVII 37, 7.
 
De [[-240|a]]<nowiki/>cordo coa pasaxe citada de Cicerón, a actividade literaria de Livio Andrónico debeu de comezar no [[-240]]. Nesa data recibe o encargo de escribir polo menos unha comedia e unha traxedia que el mesmo se encarga de representar como actor con ocasión dos ''ludi romani'' celebrados tras a vitoria romana na [[Primeira Guerra Púnica|primeira guerra púnica.]] Este ensaio, que moi verosímilmente consistiría nunha tradución non exenta de orixinalidade de obras gregas, tivo éxito porque a partir desa data sucédense as adaptacións de temas e metros gregos á lingua do [[Lacio|Lacio.]] Con esta técnica, cuxa dependencia dos modelos gregos é imposible precisar, foron xurdindo obras das que apenas coñecemos algo máis que o título. As traxedias Achilles, Aegisthus, Aiax, Andrómeda, Danae, Equos Troianus, Hermiona, Tereus e quizáquizais Ino. Edítanse como seus os fragmentos das comedias Gladiolus, Ludius, Virgo.
 
Posibelmente anterior a esta actividade foi a súa versión da Odisea homérica, texto sobre o que debeu virar a súa actividade docente na escola. Dos apenas 50 versos que nos chegaron desta obra é posible concluír que:
* Non está escrita en [[Métrica grecolatina|hexámetros dactílicos]], senón en verso saturnio, metro cuantitativo de características moi polémicas: de orixe itálica, quizáquizais [[Etruscos|etrusco]], para uns; non exento de influencias gregas para orientacións máis actuais.
 
* O poeta pretendeu romanizar a epopea. Divindades gregas identifícanse con deuses romanos: [[Hermes]] é [[Mercurio (deus)|Mercurio]]; [[Cronos|Crono]] é [[Saturno (deus)|Saturno]]; as [[Musa|musas]] identifícanse coas Camenas.
350.510

edicións