Eurocopa de Fútbol de 2012: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: GREf
Liña 38:
 
=== Atrasos na construción ===
En xaneiro de [[2008]], o presidente da [[UEFA]] [[Michel Platini]]<ref>[http://uk.reuters.com/article/idukl3018483420080130 UEFA warns hosts to speed up Euro 2012 plans]</ref> fixo un chamamento aos organizadores en relación coa posta a piques dos estadios da Eurocopa. Mesmo se chegou a propor [[Escocia]] como organizador da Eurocopa 2012 no caso de que Ucraína e Polonia non cumprisen cos prazos de construción e mellora das súas infraestruturas, o cal foi confirmado máis tarde pola [[Asociación Escocesa de Fútbol]]. Con todo, en xuño de 2008 a UEFA asegurou que non había "ningún plan B en termos de novos países" organizadores. En xullo de [[2011]], a un ano da celebración do torneo, a UEFA organizou unha visita de inspección polas sedes da Eurocopa encabezada polo vicepresidente [[Gianni Infantino]]. Tras os avisos anteriores, as autoridades políticas de cada país lograron avanzar na construción e mellora dos estadios. Os máis atrasados, o [[Olímpico de Kiev]] e o [[Novo Estadio de Lviv|Estadio de Lviv]], foron inaugurados en outubro dese mesmo ano (o [[8 de outubro|8]] e o [[29 de outubro]] respectivamente).
 
== Organización ==