Serres, Muros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 19:
A '''igrexa parroquial''' de San Xoán Bautista sufriu ao longo da súa historia diferentes ampliacións e remodelacións. A partida máis antiga conservada no seu arquivo é de 1600. No [[século XVIII]] a Confraría da Nosa Señora das Dores financiou a construción da capela maior, incorporada ó corpo principal da igrexa. En [[1892]] levouse a cabo unha gran ampliación, quedando o edificio actual con planta de cruz latina, sacristía, presbiterio, nave central e dúas capelas.
 
En [[1984]] remodelouse o presbiterio, desprazándose cara adiante o altar de pedra incorporado ó retablo, tamén de pedra. Engadiuse tamén un sagrario de pedra atopado entre escombrosentullos. En [[1991]] volveuse ampliar, quedando a nave central de forma cuadrangular.
 
=== Santuario da Virxe do Camiño ===
Liña 30:
[[File:2015. Muíño de Mareas do Pozo de Cachón. Muros. Galiza-2.jpg|Muíños de Pozo de Cachón.|dereita|miniatura|350px]]
 
O '''muíño de marea do Pozo de Cachón''' foi construído no primeiro cuarto do [[século XIX]]. Logo de estar abandonado, en [[1990]] iniciouse a súa rehabilitación. Ten planta rectangular, cunha parte adicada a almacén onde a principios do [[século XX]] <nowiki/>funcionaron os Baños de Santa María, unhaun balneario especializado na hidroterapia con auga mariña e baños temperados de algas.
 
É un dos maiores muíños do estado das súas características. Na actualidade funciona como centro cultural, albergando de xeito permanente paneis con explicacións sobre a súa construción e función. Tamén acolle exposicións temporais e diversas actividades culturais.