A Fonsagrada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 58:
Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do [[século IV]], como estación dun itinerario entre [[Asturias]] e [[Lugo]], empregando unha [[vía romana]] que precedía a vellos camiños de tempos prehistóricos. Posiblemente xa houbera poboadores hai 30.000 anos.
 
A súa historia xira en torno ao [[Camiño de Santiago|Camiño Primitivo]] de Santiago]], que entra no concello polo [[alto do Acebo]] atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á '''capela de Santa María''', onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nome (''Fontem Sacra'') podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella.
 
A súa localización na ruta xacobea fundamentou a construción de varios hospitais de peregrinos, como o da aldea de [[Montouto, O Padrón, A Fonsagrada|Montouto]], mandado construír por [[Pedro I de Castela|Pedro I “O Cruel”]], a mediados do [[século XIV]]: o Real Hospital de Santiago de Montouto foi construído a carón doutro máis antigo, que foi rexentado por hospitaleiros ata mediados do [[século XX]].