Santarém, Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 22:
O século XIX foi de repunte para a cidade, que veu construír unha ponte ferroviaria sobre o Texo en [[1861]]. No XX, Santarém continuou a recobrarse, aínda que un tanto de vagar.
 
==Lugares de interese==
 
Entre os sitios dignos de ser visitados na cidade encóntranse:
*o '''Seminario''', cunha imponente igrexa, foi construído polos [[xesuíta]]s no 1671, no lugar onde se ubicaba o pazo real.
*'''Convento de San Francisco''', fundado na primeira metade do [[século XIII]] e reconstruído no [[século XIV|XIV]] cun claustro gótico-manuelino; a igrexa, anterior, é románico-gótica.
*'''Igrexa de Santa Clara''' do século XIII, custodia a tomba de [[dona Leonor]], filla do rei [[Afonso III de Portugal|Afonso III]], fundadora do convento, do que formaba parte o templo.
*'''Igrexa da Marvila''' do [[século XVII]], ricamente decorada de [[azulexo]]s.
*'''Igrexa da Graça''' do 1380, en estilo gótico florido; contén a tomba de [[Alfonso Tellez de Meneses]], fundador da igrexa, a do sobriño [[Pedro de Meneses]] e a do descubridor e navegante [[Pedro Álvares Cabral]] (1467-1526), que estaba esposado cunha Meneses.
*'''Museu Arqueolóxico''', colocado dentro da '''Basilica de San Xoán de Alpordo''', románico-gótica, recolle obxevtos variados do período da dominación islámica e da época manuelina.
*'''Xardín das Portas do Sol''', é un parque público urbano, sobre o sitio da antiga cidadela árabe.