Diferenzas entre revisións de «Tratado de Lausana»

sen resumo de edición
{{enuso}}
{{outros homónimos}}
O '''Tratado de Lausana''' ([[Lingua francesa|francés]]: ''Traité de Lausanne'') foi un tratado de paz que estableceu as fronteiras da [[Turquía]] moderna.<ref name="Treaty">{{Modelo:Obra citada|date=24 July 1923|title=Treaty of Peace with Turkey signed at Lausanne|place=[[Lausanne]], [[Switzerland]]|accessdate=28 November 2012|url=http://wwi.lib.byu.edu/index.php/Treaty_of_Lausanne}}</ref> Foi asinado na cidade [[suíza]] de [[Lausana]] o [[24 de xullo]] de [[1923]] entre os gobernos de [[Reino de Grecia|Grecia]], [[Turquía]] e as [[Tripla Entente|nacións aliadas]] da [[Primeira Guerra Mundial]] e considérase parte da [[:es:Partición_del_Imperio_otomano|partición do Imperio otomán]].
 
== Características ==
O tratado de Lausana invalidou o [[Tratado de Sèvres]], asinado polo [[Imperio Otomán|Imperio otomán]] tras a Primeira Guerra Mundial, pero que non fora aceptado polo novo estado turco fundado por [[Mustafa Kemal Atatürk|Kemal Ataturk]] trala [[:es:Guerra_de_Independencia_Turca|Guerra de Independencia Turca.]]. O [[20 de outubro]] de 1922 deu comezo a conferencia de paz, que foi interrompida tras intensas discusións o [[4 de febreiro]] de [[1922|1923]] e retomada o [[23 de abril]] do mesmo ano. O texto final foi asinado o 24 de xullo, despois de oito meses de deliberacións.
 
Os principais signatarios foron [[:es:İsmet_İnönü|İsmet İnönü]] pola parte turca e El[[Eleftherios Venizelos|eftheriosEleftherios Venizelos p]]<nowiki/>olapola parte grega. O tratado outorgaba a Turquía a [[Tracia]] oriental, as illas de [[:es:Imbros|Imbros]] e [[:es:Ténedos|Ténedos]] no [[Mar Exeo|Exeo]] nororiental, e garantía a protección da minoría grega en Turquía e turca en [[Reino de Grecia|Grecia]] respectivamente. Non obstante, de acordo co chamado [[Intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía|acordo de intercambio de poboación]], a maioría da poboación grega de Turquía foi trasladada a Grecia, da mesma forma que unha parte importante da poboación turca de Tracia occidental foi trasladada a Turquía.
 
En total calcúlase que aproximadamente 1.650.000 gregos foron desprazados dos seus fogares en [[Anatolia]] e 670.000 turcos de Grecia foron trasladados a Turquía. Exceptuouse á minoría grega de [[Estambul|Istambul]] (125.000 gregos) e aos habitantes gregos das illas de Imbros e Ténedos. En Grecia permaneceron 110.000 turcos, fundamentalmente na Tracia occidental. A república de Turquía recoñeceu así mesmo o mandato [[Reino Unido|británico]] sobre a illa de [[Chipre]].
 
== Novas fronteiras ==
O Tratado definiu as fronteiras europeas do [[Reino de Grecia]], [[:es:Reino_de_Bulgaria|Reino de Bulgaria]] e [[Turquía|Turquía.]] Oficialmente concluíu toda soberanía turca sobre as illas do [[Dodecaneso]] (artigo 15), [[Chipre]] (artigo 20), [[Reino de Exipto|Exipto]] e [[Sudán Anglo-Exipcio|Sudán]] (artigo 17), [[Mandato francés de Siria|Siria]] e Iraq (artigo 3). Os territorios de [[Kurdistán]] foron repartidos entre varios países, e Armenia foi dividida entre o novo [[Turquía|estado turco]] e a [[Unión Soviética|URSS.]]. Xa até o ano de 1991, trala disolución da URSS, o extremo oriental de [[Armenia]] constituiríase nun [[Armenia|país]] independente.[cita <sup>''[[Wikipedia:Verificabilidade|<nowiki>requirida]</nowiki>]]''</sup>
 
As fronteiras turcas con [[Arabia Saudita]] e [[Iemen]] foron controladas por tropas turcas até o [[23 de xaneiro]] <span>de</span> [[1919]], en que foron transferidas ao Reino Unido, e quedaron definidas (como perdidas para os turcos) no artigo 3.<ref>[http://www.osmanli700.gen.tr/english/affairs/affairs_a1.html Ottoman Web Site: "Arabia (Yemen-Hejaz) Front"]</ref><ref>[http://www.osmanli700.gen.tr/olaylar/olaya1.html Osmanlı Web Sitesi: "Arabistan Cephesi"]</ref>
 
Turquía tamén renunciou, segundo o artigo 22, en favor do [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]] aos seus intereses en [[Libia italiana|Libia]], segundo o previamente establecido en 1912 no artigo 10 do [[Tratado de Ouchy]]. Non obstante, Turquía corrixiu parcialmente os reveses do Tratado de Lausana en [[1938]], cando obtivo a provincia de [[:es:Hatay|Hatay]] de mans de [[Francia]], e en [[1974]], cando ocupou o terzo setentrional de [[Chipre]].
 
== Notas ==