Concello de Cotobade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Bibliografía: engado libro
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Actualidade}}
{{Coordenadas|42|28|N|08|28|W|display=title}}
 
{{Outroshomónimos|Cotobade (homónimos)}}
{{Concello|
Liña 39:
 
== Toponimia ==
A denominación de '''Cotobade''' semella que deriva de '''couto do abade''',{{cómpre referencia}} dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de beneditinos de [[Tenorio, Cotobade|Tenorio]].
 
== Xeografía ==
Liña 53:
 
== Historia ==
 
=== Prehistoria e Idade antiga ===
O poboamento das terras de Cotobade comezou en época bastante antiga, como testemuñan a abundancia de restos arqueolóxicos ([[mámoa]]s, [[castro (poboado)|castros]] e [[petróglifos|insculturas rupestres]]) repartidos por toda a súa xeografía. Así mesmo quedan restos da [[Roma antiga|época romana]] na calzada do [[monte Pé da Múa]].
 
Ata o [[século VII]] a rexión era coñecida como "terra de Escutarios", como consta no ''[[Cronicón Iriense]]''. Afírmase que no [[Concilio de Lugo]], celebrado a instancias de [[Teodomiro (rei suevo)|Teodomiro]] (rei dos [[Suevos]]) en [[569]], agregouse á Diocese de [[Iria Flavia]], entre outras, a circunscrición de '''Escutarios'''.<br />

''Scutarius'' en latín é o que fai escudos. No [[século IV]] [[Amiano Marcelino]], na ''Historia dos Emperadores Romanos'', afirma que son os soldados armados de escudos. Seica o antigo nome de Cotobade vén polos moitos escudeiros (''scutigerullus'', de ''scutum-gero'') da terra. Estes fidalgos eran cobizados por nobres e cabaleiros de toda a península polo seu valor e destreza no combate.
 
=== Idade Media ===
Entre os antigos monumentos históricos atópase no [[monte Castelo]], que se estende polos límites de [[Borela]], [[Carballedo, Cotobade|Carballedo]], [[Tenorio]] e [[Viascón]], a torre que noutrora se chamaba '''Couto do abade''', da que quedan apenas vestixios.
 
Preto desta están os restos do '''castelo de Tenorio''', que, a finais do [[século XV]], pertencía a [[Pedro Madruga]], señor de Soutomaior e conde de Camiña, e que foi conquistado polos [[irmandiños]]. Trala súa estadía en [[Portugal]], Pedro Álvarez de Soutomaior reconquistou o castelo, malia ser defendido tenazmente por [[Gómez Pazos de Probén]] ó mando de 3.000 ou 4.000 viláns. A derrota irmandiña debeuse á traizón dun escravo mouro que revelou os puntos febles da defensa, polo que [[Manuel de Brito]], ó mando de cen [[lanceiro]]s e 2.000 peóns, conseguiu entrar no castelo, dando morte ós seus defensores. Segundo [[Vasco da Ponte]], na época o castro recibía o nome de "Famela" ou "Framela".
 
O concello tivo a súa propia xurisdición, na que o Duque de Soutomaior nomeaba xuíz ordinario, e que comprendía as actuais parroquias, agás a de [[Caroi, Cotobade|Caroi]].
Liña 69 ⟶ 72:
=== Idade Contemporánea ===
==== Século XIX ====
Na loita contra os franceses pode dicirse que Cotobade abriu a guerra, ó ataca-los seus habitantes ás guarnicións francesas de Borela, [[San Xurxo de Sacos]] e Tenorio, o [[19 de febreiro]] de [[1809]], obrigando a estas a renderse. Así mesmo o día 20 fan baterse en retirada ás tropas francesas de [[Pontevedra]] que acudían a se desquitaren da acción do día anterior. Posteriormente, o 28 do mesmo mes e ano, atacan a guarnición francesa de Pontevedra e o [[7 de xuño]] toman parte na [[Batalla de Ponte Sampaio]] contribuíndo á derrota das forzas do '''[[Michel Ney|Xeneral Ney]]'''.
 
Nestes feitos destaca a utilización polos veciños de Cotobade do "canón de pau", que consistía nun tronco furado e suxeito con argolas de ferro, e que resistía ata doce canonazos.
 
Destes feitos, que fan que se coñeza Cotobade coma terra do "'''[[canón de pau]]'''", hai varias recensións históricas que están profusamente recollidas nun libro, editado polo Concello, do que é autor [[Salustiano Portela Pazos]].
 
Segundo a tradición, Cotobade é berce de afamados [[canteiro]]s. Traballaban por toda España, e coñecíanse coa denominación popular de "barrocos"; semella que esta denominación ten relación con estilo arquitectónico do mesmo nome. Entre estes cabe destacar o mestre [[Xosé Cerviño García|Cerviño]], natural de [[Aguasantas, Cotobade|Augasantas]] e autor dos cruceiros do [[Cruceiro do Hío|Hío]], [[Covelo]], [[Ponteareas]] e outros, e do que di [[Castelao]] que "''foi xenial, revolucionario, capaz de transforma-los pequenos cruceiros en grandes calvarios ó estilo dos que se levantan na Bretaña''".
Liña 80 ⟶ 83:
 
==== Século XX ====
Desde os anos 20 do pasado século, o concello de '''Cotobade''' viviu unha profunda regresión demográfica produto da emigración (na súa maior parte a [[Brasil]], [[México]] e [[Arxentina]]) que non foi corrixida ata o ano [[2005]]. Nesa data, por primeira vez en case un século, o crecemento vexetativo da poboación foi positivo (isto é, por primeira vez houbo un crecemento do número de habitantes).
 
<center>
Liña 133 ⟶ 136:
{{Hab info|7.978|7.969|7.671|6.031|4.644|4.658|4.432}}
</center>
 
 
A raíz do [[Alzamento Nacional]] que provocou a [[guerra civil española]], sufriron represión 27 persoas naturais ou veciños de Cotobade<ref>[http://vitimas.nomesevoces.net/gl/buscar/?nome=&apelidos=&sexo=0&natural=177&vecinanza=&filiacion=&suceso=&profesion=&morte= www.vitimas.nomesevoces.net]</ref>:
 
{{Artigo principal|Anexo:Represaliados de Cotobade }}
 
==== Século XXI ====
{{Desactualizado}}
 
Poboación no ano [[2014]]:
 
Liña 188:
{{Artigo principal|Galería de imaxes de Cotobade}}
 
{{Galería
<gallery>
|Ficheiro:Cotobade, Carballeda, concello 01-04.JPG|Placa altimétrica.
|Ficheiro:Borela2.jpg|Igrexa Parroquial de San Martiño de Borela.
|Ficheiro:IgrexaAguasantas.jpg|Igrexa parroquial de [[Aguasantas, Cotobade|Santa María de Aguasantas]].
|Ficheiro:Tenorio4.jpg|[[Mosteiro de San Pedro de Tenorio|Mosteiro e Igrexa de San Pedro de Tenorio]].
|Ficheiro:Muíño acueduto Cotobade.jpg|Muíño con acueduto no rego de Chan das Latas.
|Ficheiro:IgrexaSacos.jpg|[[Igrexa de Santa María de Sacos]].
}}
</gallery>
 
[[Ficheiro:Ricardo_Portela2.jpg|miniatura|dereita|150px|Busto de Ricardo Portela]]
Liña 206:
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
===Bibliografía===
*{{Versaleta|[[Ramiro Barros Justo|Barros Justo, R.]]}} (2015) ''Materiais de literatura oral da Terra de Cotobade''. ISBN 978-84-606-8394-0
*{{Versaleta|[[Xosé Fortes Bouzán|Fortes Bouzán, X.]]}} (2015): ''Terra de Cotobade''. Ed. Guiverny. ISBN 978-84-939449-9-5
*{{Versaleta|[[Antón Fraguas Fraguas|Fraguas Fraguas, A.]]}} (1985) ''Aportacións ó cancioneiro de Cotobade''. Fundación Otero Pedrayo. ISBN 978-84-398-4218-X